Queremos deixarvos unhas apreciacións sobre o proxecto que se pretende facer no noso municipio.
1. Este proxecto implicaría un elevado consumo de auga e, dado que en Galiza non existe unha ordenación neste sentido, dende o BNG demandaremos que se autorice instalación de se prantexar desde un desenvolvemento sustentable e ecoeficientes.
2. Destacar que na zona xa existe dous campos de gofl moi preto, un en Boiro e outro en Rois.
3. Queremos poñer en cuestión como o Partido Popular dá grandes facilidades ao grande capital á hora de empregar o terreo forestal para este tipo de complexos mentres a cidadanía de a pé e as pequenas empresas non gozan destes privilexios e axilidades na burocracia.
4. Proxectos como o actual van moi na liña ideolóxica do Partido Popular allea á maioría social apostando por este tipo de instalacións, non só aquí senón como se pon en evidencia en Madrid, co proxecto de “EuroVegas” ou o urbanismo especulativo e desaforado do levante español.
5. Segundo os estudos turísticos, apostar polos sectores produtivos e polo turismo diversificado en coordinación con outros sectores como a pesca, industria, cultura, deporte, etc xeraría moitos máis postos de traballo que apostando por este tipo de turismo intensivo.
- Características do proxecto
Ocupará unhas 660.000 m2 (92 campos de fútbol). A construción das vivendas de luxo suporía cambios no terreo e na edificabilidade. A maior parte do terreo está clasificado como solo rústico de protección forestal e afectaría ao Castro de Artes.
A lei impide que a construción de vivendas en solo rústico de protección forestal agás que sexan vivendas destinadas a turismo rural, algo que é evidente que non se dá no complexo de vivendas de luxo do campo de golf. Estas vivendas ocuparían 113.000 m2.
O emprego xerado cando entre en funcionamento sería arredor de 140 postos de traballo.
A empresa pretende cederlle ao Concello de Ribeira un campo de golf de 30.000 m2, oferta que cualifican de “máis que xenerosa” pero queremos supoñer que isto non suporá un trato de favor da Administración local para aprobar o proxecto e o cambio de chan.
No BNG temos a copia da solicitude descritiva do proxecto que se entregou no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira.
A empresa e a mesma que vai construír a gasolineira en Xarás a carón das casas sociais.
Pareceme unha vergoña de verdade!Unha empresa privada….que levara a cabo todo iso seguro que mediante subvencion que non devolvera…Os postos de traballo seran xente de fora…E que sexa a misma empresa que esta a facer a gosalineira…Dame moi mala espiña…
Non me gusta por razons tan obvias q non fai falla expoñelas
Un proxecto así debería ter unha declaración de impacto ambiental e non só analizar a zona onde se vaia instalar senón arredores xa que no entorno hai todas estas figuras de protección ambiental: – Parque natural – Zonas especial protección de aves (ZEPA) – Parque Nacional – Lugar de importancia comunitaria (LIC) – Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPV) – Humedais de Importancia Internacional (RASMAR)
...e a todo esto…Ribeira segue sin depuradora, non????...campito de golf pero enmerdamos la Rìa…queda claro que os ricos non poden ter todo, carallo
Se tedes copia do proxecto, porqué non o facedes público?