Problemas coa recollida do lixo nas Avesadas

A zona das Avesadas é amplo espazo do casco urbano ribeirense no que se atopan numerosas vivendas, comercios, un centro educativo e unha casa da xuventude. As diferentes actividades que se realizan, fan que sexa necesario un bo número de colectores de lixo, así como tamén que o servizo de recollida responda ás necesidades da zona e da súa actividade.Contedor lixo. Abesadas. Recollida lixo. BNG. Ribeira


O BNG tivo contacto coa veciñanza e con comercios, os cales nos informaron de que os contedores existentes quedan pequenos para acoller todos os residuos que se xeran, polo que o lixo queda fóra dos mesmos e nos días de vento os residuos esparéxense pola zona infantil do parque.
Alén disto, a recollida dos contedores de papel e plástico é insuficiente posto que adoito se atopan cheos e só queda como alternativa depositar os residuos a carón do mesmo, provocando mala imaxe e sucidade.Contedor lixo. Abesadas. Recollida lixo. BNG. Ribeira


Por último, cómpre delimitar correctamente o espazo que ocupan os contedores para que o persoal do servizo de recollida teña suficiente espazo para movelos e proceder ao seu baleirado, xa que os vehículos estacionados demasiado preto nalgunhas ocasións teñen imposibilitado o seu traballo.


A veciñanza das Avesadas merece ter un bo servizo de recollida de lixo ao igual que o resto dos veciños e veciñas do municipio.


Por todo o exposto anteriormente, o BNG solicita o seguinte:


1. Que o Concello de Ribeira esixa da empresa concesionaria do servizo, un aumento na recollida semanal dos colectores de lixo, nomeadamente no plástico e papel.
2. Que o Concello de Ribeira delimite correctamente o espazo que ocupan os colectores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.