Presunta falsidade documental nas acreditacións de socorristas

O BNG de Ribeira vén de presentar un escrito no Concello pedindo explicacións ante a gravidade dos feitos que saíron á luz, hai uns días, sobre a presunta falsificación dos documentos acreditativos dos e das socorristas de Ribeira.


Parece ser que os documentos acreditativos da Academia Galega de Seguridade Pública, dependente da Consellería de Presidencia, foron falsificados ao utilizaren símbolos da Xunta de Galiza sen o seu consentimento. Isto prexudica a imaxe do Concello de Ribeira e, sobre todo, a imaxe dos socorristas que cada ano vixían os nosos areais. Desde o BNG queremos resaltar que estamos convencidos da súa profesionalidade e da súa valía e pensamos que isto pode danar a súa honorabilidade e imaxe, ademais da alarma que pode xerar entre a poboación.

Coidamos que as Administracións públicas deben dar exemplo á cidadanía e que, ante un caso como este, o Concello de Ribeira debe esclarecer os feitos para unha maior transparencia e seguridade da xente, por iso pedimos o seguinte ao Alcalde e ao grupo de goberno:

  1. Que se abra unha investigación, de forma inmediata, sobre os feitos acontecidos para o seu esclarecemento.

  2. Que se lle ofreza información transparente á cidadanía sobre o devandito acontecemento para a súa tranquilidade.

  3. Que das investigacións se deriven responsabilidade políticas, de existiren, co cese ou dimisión do/a concelleiro/a da área correspondente.

Escrito presentado polo BNGDocumento BNG Socorristas

3 comentarios en «Presunta falsidade documental nas acreditacións de socorristas»

  1. Pingback: | BNG de Ribeira

Responder a Nacho Jorganes Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.