Presentan na Barbanza “Nós Candidatura Galega”, a candidatura máis próxima á xente

O cabeza de lista pola provincia da Coruña, o ribeirense Carlos Callón e os candidatos da Barbanza, Cristina Andrade (Pobra) e Xosé Deira (Boiro) presentaron publicamente Nós Candidatura Galega, coalición electoral na que participa o BNG xunto con outros partidos e persoas a título individual.Nós Candidatura Galega na Barbanza


A presentación tivo lugar no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira onde tras faceren unha declaración ante os medios de comunicación, tiveron unha xuntanza coa asociación Mulleres en Acción e a plataforma de Emigrantes Retornados, colectivos que lle trasladaron aos candidatos e candidata as súas demandas e peticións. O propio candidato Carlos Callón recolleu as achegas que se lle trasladaron para presentalas directamente ao Congreso dos Deputados se sae elixido deputado.


Os membros de Nós Candidatura Galega explicaron que as galegas e galegos poden confiar neles porque é a candidatura 2×1, porque votando Nós estamos contribuíndo a que a dereita non goberne poñendo fin ás políticas do austericidio e por outra banda, estamos elixindo representantes do país que traballarán polo ben de Galiza e polos dereitos sociais. En relación a isto último, Nós continuará co legado dos 20 anos de traballo dos deputados e deputadas nacionalistas galegas no Congreso, sen intereses nin presións alleas rendendo contas só ante Galiza e o pobo galego.


Remataron alegando que traballarán arreo para que Galiza teña o maior número de representates propios e que o noso país teña forza nunha lexislatura na que non haberá maiorías absolutas, e onde as deputadas e deputados galegos terán moito peso e influencia.
Nós Candidatura Galega xúntase con colectivos da Barbanza


No acto estiveron arroupados polos membros do BNG na Barbanza como o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, o responsábel comarcal Severino Romero, o voceiro e responsábel do BNG de Ribeira Xosé Vázquez Cobas e Vicente Paz Carou respectivamente, e o concelleiro Luís Pérez Barral.


Vídeo da presentación: Nós Candidatura Galega preséntase na Barbanza

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.