Portos satisfai os caprichos do Concello de Ribeira

O ente público Portos de Galiza dependente da Consallaría do Mar, fixo no Concello de Ribeira unhaO concelleiro Luís Pérez Barral e a vice-responsábel do BNG Elvira Blanco Pérez na nova Lonxa de Ribeira. das súas obras de máis envergadura, a construción dunha nova lonxa cun orzamento de máis de quince millóns de euros, sendo o investimento máis importante na súa historia.


No BNG somos coñecedores/as de que se están a realizar as pertinentes revisións e verificacións dos sistemas e instalacións da nova rula, para comprobar que hai un funcionamento correcto da infraestrutura e proceder á súa recepción.


Até aquí nada temos que dicir, agora ben, algo do que quizais non se decatou Portos de Galiza é que o novo edificio contemplaba no seu proxecto inicial poñer “Lonxa de Ribeira” na súa parte frontal e traseira e comprobamos como a realidade é ben distinta xa que pon “Lonxa de Riveira” (sic).


Ante este feito, queremos lembrarlle a Portos de Galiza que desde a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galiza, a Administración Pública tratou de recuperar a forma correcta e oficial dos topónimos do noso país. A toponimia, parte importante do sistema lingüístico, presentaba nos comezos da Autonomía un alarmante estado de deturpación, na rotulación e no emprego por parte dos poderes públicos e entre a poboación.


A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que fixa o marco para o uso oficial do galego en diversos ámbitos, contén tamén a base legal para a recuperación e fixación da toponimia galega. No seu artigo 10 establece que “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega” e que “corresponde á Xunta de Galiza a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo concello correspondente.


En base ao anterior non parece adecuado, legal e lóxico que se mude o proxecto inicial para deturpar a forma oficial e correcta de denominar o noso municipio, só por querer cumprir cun capricho do equipo de goberno do Concello de Ribeira que teima non cumprir a lexislación vixente.


O concelleiro Luís Pérez Barral e a vice-responsábel do BNG Elvira Blanco Pérez na nova Lonxa de Ribeira.Por último, dicir que tamén o Valedor do Pobo recriminou a actitude do equipo de goberno en novembro de 2012 por persistir a súa teima de escribir e rotular a forma deturpada do topónimo.


O compromiso do BNG é traballar de maneira integral en todos os eidos desta infraestrutura, como así demostramos facendo pública a nosa proposta sobre a xestión hai unhas semanas, reuníndonos co sector do mar a semana pasada.


Por todo o anteriormente exposto o concelleiro Luís Pérez Barral en nome do Bloque Nacionalista Galego de Ribeira enviou un escrito ao Concello de Ribeira, Portos de Galiza e Secretaría Xeral de Política Lingüística o seguinte:


A) Que Portos de Galiza execute o proxecto orixinal para denominar e rotular o edificio da nova rula como “Lonxa de Ribeira”.


B) Que tanto o Concello de Ribeira como Portos de Galiza cumpran coa lexislación vixente en materia de topónimos e normalización lingüística e a lei 3/1983.


C) Que a Secretaría Xeral de Política Lingüística inste a Portos de Galiza a executar o proxecto orixinal para denominar e rotular o edificio da nova rula como “Lonxa de Ribeira” e inste a Portos de Galiza e ao Concello de Ribeira a cumprir a lei de topinimia de Galiza.


Iniciativas presentadas no Parlamento de Galiza: Proposición non de lei para o debate en Comisión - Pregunta para a súa resposta oral e escrita en Comisión


 Vídeo: O BNG denuncia o incumprimento da lei de toponimia e normalización lingüística

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.