Afirma que os gobernos municipais do BNG son o mellor aval e exemplo de como facer avanzar unha cidade, unha vila ou un concello rural ou mariñeiro, a ritmo rápido e en positivo
“Temos proxecto, equipo, e liderado para aplicar en Riberia o modelo municipal de éxito do BNG que transforma para ben a vida da xente”
Pon en valor a xuventude con ganas de vivir e traballar en Galiza e critica que o PP espulsara á emigración a máis de 200 mil mozos e mozas
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón apela en Riberia á forza das mulleres, “esa forza que move o mundo” e non como métafora, dixo, “como realidade porque se as mulleres paramos, para o mundo ” e por iso sei que “o presente e o futuro son feministas”.
Pontón tamén aludiu ao humor como “arma de construcción masiva” e para construír futuro, dixo é preciso cambiar de rumbo. Ese e o cambio que propón o BNG para Riberia con Luís Barral liderando o próximo goberno municipal a partir do 28 de maio.
A lider do BNG insistiu en que para obter resultados diferentes non podemos facer sempre o mesmo e en Ribera urxe dar ese cambio e lanzou unha pregunta aos asistentes, cantas das persoas que estades aquí hoxe non coñecechedes máis gobernos que os do PP?
Luís, por exemplo, aínda non nacera e xa gobernaba o Partido Popular e o resultado despois de 33 anos de des-gobernos da dereita están á vista de todos e de todas.
“Ribeira merece máis”, Riberia ”merece un concello que poña ás persoas no centro, libre de clientelismos e no que todo o mundo sexa tratado por igual; merece servizos públicos de calidade, merece un proxecto transformador que ilusione, merece futuro para a xente moza. Toca abrir un tempo novo neste concello con Luís Barral como próximo alcalde de Ribeira”.
Na súa intervención, a líder do BNG criticou que o PP diga que o candidato do BNG á alcaldía é moi novo. Pois ben, explicou, eu quero dicirlle ao Partido popular que a mocidade galega lles molesta moito e por iso fixo todo o posible para que 200.000 mozos e mozas colleran a maleta cara a emigración nos últimos anos. Parece que o Partido Popular ten como lema “Galiza non é País para a mocidade”. Pero no BNG temos claro que Galiza é da xente moza, que este País non se entende sen a xuventude e por iso que hai que traer de volta aos mozos e mozas que colleron a porta da emigración por falta de oportunidades.
Dende o BNG, recalcou, a líder nacionalista, queremos construír unha Galiza que lonxe de botar fora á mocidade recupere o seu importante protagonismo, e por iso, Luís, “precisamos da túa forza, da túa formación e experiencia, a túa ilusión e, por suposto, precisamos da túa mocidade para poñer en marcha un tempo novo en Riberia cun modelo municipal de éxito do BNG”. Un modelo transformador, de calidade e de prestixio, para mellorar a vida da xente.
En Riberia, reiterou Pontón, a única alternativa ao de sempre è un goberno liderado polo BNG con Luis Barral como alcalde a partir do 28M. Toca facer algo diferente, non un mero intercambio de cromos ,o PP ten 9 e a excisión do PP 7 e todo sigue igual pero o cambio real en Ribeira é ter un goberno do BNG.
Insisto, “o BNG representa a única opción de cambio real para este concello, porque temos un gran candidato e un proxecto serio, solvente, e coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor das persoas”.
Aos veciños e as veciñas ofrecémoslle un modelo municipal de éxito, que funciona, como demostramos nas vilas e cidades que lideramos desde os gobernos municipais.
“Onde gobernamos transformamos, construímos concellos con calidade de vida, rentabilizamos cada euro, son exemplos de democracia participativa, concellos feministas que apostan pola igualdade, sustentables e honestos”.
Onde gobernamos, remarcou Pontón, aplicamos política social, urbanismo para as persoas, fomentamos o orgullo polo noso, a nosa lingua e cultura. Conseguimos vilas e cidades con dinamismo económico, social e cultural. Temos proxecto, “temos equipo e temos un candidato, Luis Barral, con liderado que coñece moi ben esta cidade, os seus problemas e as solucións”.

