2 comentarios en «Polígono Empresarial da Barbanza: proposta de ordenación»

  1. Se antes das eleccións os cidadáns xa sabíamos que o parque era unha realidade, ¿¿por que o vocal do pp, nun debate da radio local dixo: “O BNG quérenos vender un Polígono Industrial de un millón de metros, pero EU ainda non o vin “, ¿¿Será po-lo pequeno que é??.

    Menudo pedazo de Polígono, un pouco mais e faille tablas o de Sabón, pois en algúns medios chámanlle MACROPOLIGONO de Barbanza.

    E tamen están os que tiran dos méritos de outros pa sua casa.

    Está ben claro que fan apoloxía dese mal refrán que di que no amor e na guerra todo vale, incluindas as faltas de verdades, ou se cadra e que o lixo nos ollos de algúns e moito.

    Deberían saber que comer un pasteliño, ainda que o collan as costas do pasteleiro, a ninguén lle fai mal, pero cando se convirte en costume pasa a ser un vicio, e aí e cando torna perigoso (pa quen os come, non po pasteleiro), e ésta xente leva comendo de balde moito tempo na pastelería, e nestes intres xa están a zampar unha tarta moi grande, creo que ten arredor de UN MILLON de metros cadrados ¡!, coma algúns reptiles (nobles animales), creo que lles vai a facer falta moito tempo pa dixerila, calculo que lles vai durar daquí a Maio do 2.011 mais ou menos.

    Saúdos

  2. Ola Jaime:

    Efectivamente eu tamén penso que en política, como na vida mesma, non todo vale. A verdade é que aínda que falara así el tamén sabe ben que o polígono é unha realidade en marcha, pero é moi duro recoñecer que alguén dende a oposición foi capaz de conseguir algo que non lograron eles en 20 anos de goberno. É máis, eles dende o goberno con maiorías en Ribeira, Santiago e Madrid non acadaron nin 1 só metro de chan industrial, cos perxuizos que iso trouxo consigo para todos e todas: impediron a ampliación de moitas empresas, deron licencias para que industrias contaminantes se consolidaran en núcleos de poboación (co pretexto de que non había onde poñelas), provocaron que outras se marcharan de Ribeira e, sobre todo, que moita xente tivera que coller a maleta. Como vai a recoñecerlle méritos a ninguén? Ten moitas razóns para non facelo. É moito mellor dicir que iso é propaganda, que non vai para diante.

    No debate de Tele Barbanza, como se mantiña na mesma posición, dixenlle que co que estaba decindo estaba creando dubidas e inseguridade en moitas persoas (pois unha empresa planificase a longo prazo, e se pensan que o Polígono é fume buscan outra ubicación ou simplemente non se plantexan ampliación ningunha e adáptanse ao que hai). Para a miña sorpresa, e supoño que tamén para a de que quen o tiña escoitado noutras ocasións, ao debate de Tele Salnés chegou co “chip” cambiado e mesmo empezou a decir que iso xa fora idea del (non do alcalde, por certo) e do alcalde da Pobra. En fin… cousas veredes amigo Sancho!

    En todo caso, como o tempo pon a cada quen no seu sitio, pronto verán (os “incrédulos” que aínda non o foron capaces de velo ata o de agora) avances considerables, xa que a parte burocrática é a máis lenta do proceso. En relativamente pouco tempo teremos aí un polígono estratéxico para o noso desenvolvemento económico, que vai a crear emprego e riqueza en Ribeira e na comarca e espero que sexa un primeiro paso para que a nosa xente, sobre todo a máis nova, teña aquí o que agora moitos e moitas teñen que ir a buscar fora.

    Eso si, logo para levar os méritos e para a foto estarán en primeira liña.

    Saúdos

Responder a Jaime Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.