Pleno xuño: pequenas vitorias ao acadarmos apoio unánime para varias mocións


No Pleno muncipal de xuño celebrado o 1 de xullo, o BNG conseguimos o apoio unánime da Corporación para dúas das nosas mocións que explicamos a seguir:

- Melloras en Carreira, no entorno da capela da Guía e saneamento en Antromatos: da man do voceiro do BNG e veciño desta parroquia, Xosé Antonio Vázquez Cobas, expúxolle aos grupos políticos a necesidade de facer unha intervención de mellora no entorno da capela da Guía por ser un lugar onde, o chan e o mobiliario urbano feito de formigón, está moi vello e deteriorado.

Por outra banda, tamén evidenciamos a necesidade de dotar de conexión de saneamento a un núcleo de vivendas situadas en Antromatos, tamén na parroquia de Carreira, ante o que o goberno local dixo que ía emprender a actuación.
Deste xeito, despois das explicacións e de amosar imaxes, conseguimos o apoio unánime para efectuar as melloras nestas zonas.


- Moción dos dereitos das persoas LGTB (Lesbianas, gais, transexuais, bisexuais): a moción presentada polo concelleiro Luís Pérez Barral, tiña como obxecto que o concello de Ribeira mostrase publicamente o seu apoio ás persoas LGBT, mellorar os programas educativos e a loita contra a discriminación por razón de sexo ou identidade sexual.
Ademais expuxemos a necesidade de que os poderes públicos se involucren coa causa para conseguir unha normalidade plena. Tras un debate intenso, fomos quen de conseguir o apoio unánime para os puntos 3º, 4º e 5º da moción. Os puntos 1º e 2º tan só contaron co rexeitamento do PP.
Malia todo, alegrámonos de conseguir unha mellora na defensa dos dereitos e liberdade sexuais das persoas no noso municipio.
Moción Completa: Moción a prol dos dereitos das persoas LGBT

O resto das mocións presentadas polo grupo municipal do BNG, non contaron co apoio necesario para prosperaren malia ser de grande importancia tamén:

- Moción mantemento partidos xudiciais: a concelleira Dores Vidal Peón, pretendía que os servizos xudiciais que actualmente existen en Galiza non se recentralicen e se conserven unicamente nas capitais de provincia. De se aplicar o que o PP pretende, suporía o desmantelamento dos servizos de xustiza das cidades e vilas galegas co conseguinte traslado á Coruña, no noso caso, cada vez que se precise usar a xustiza. A pesar da importancia que esta moción ten para Ribeira, o PP non quixo votar a favor quedando só no seu rexeitamento.
Moción Completa: Proposición partidos xudiciais

- Moción contra a minaría salvaxe e contaminante: o concelleiro Xosé Antón Parada, defendeu a necesidade de que Ribeira rexeite as minas e as canteiras contaminantes que non só provocan un grande impacto visual e ambiental, senón que tamén conlevan perigo para a saúde das persoas ao empregaren cianuro que contamina acuíferos e ríos. Ademais do anterior, as minas e canteiras deixan enormes furados na terra, centos de toneladas de entullos e apenas crean emprego.
Moción Completa: Moción contra minaría salvaxe e contaminante

- Outras mocións
-Inventario de vivendas en mal estado (Rexeitada polo PP e apoiada por BNG, PSOE e IPR)
-Diminución IVE cultural (Reixeitada polo PP e apoiada por BNG, PSOE e IPR)

2 comentarios en «Pleno xuño: pequenas vitorias ao acadarmos apoio unánime para varias mocións»

    1. Non sei se o comentario é un apoio ou unha mofa e unha intromisión na vida persoal de cara a un dos nosos concelleiros.
      Se é o primeiro queremos darche as grazas a ti e a tódalas persoas que nos respaldades.
      De ser o segundo, dicirche que a identificación ou non cunha determinada comunidade non deslexitima as nosas propostas.

      A defensa dos dereitos e a procura da igualdade na muller e das persoas LGTB sempre foi un piar esencial do BNG.

Responder a Xoxe Antonio Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.