Pleno: orzamento Ribeira 2008 e recalificacións PXOM

No Pleno da Corporación Municipal do vindeiro luns, día 7 de abril, debaterase o orzamento do Concello de Ribeira para o exercicio 2008.

O Goberno Municipal tamén pretende recalificar dous terreos calificados no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribeira como de uso industrial polo uso residencial:

Un situado en Punta Arca, Aguiño, promovido por Isla Vionta, S.L., propietaria dun 85% dos terreos. Afecta a unha superficie de 35.441 metros cadrados.

O outro está en Insuela, Palmeira, promovido por Urcón 3000, S.A., propietaria dos terreos. Afecta a unha superficie de 4.896 metros cadrados.

O Goberno do PP de Ribeira pretende aprobar inicialmente esta modificación, pese a que conta con informe previo desfavorábel da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e tamén cun informe negativo do propio Secretario Xeral do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.