Pleno maio 2013, entre a LOMCE e as preferentes

No pleno municipal celebrado o 27 de maio deste mes, foron debatidos os seguintes temas:


- Esiximos o posicionamento en contra da LOMCE do Concello de Ribeira: desde o BNG quixemos levar este tema ao pleno por entender que o noso concello pode posicionarse en contra desta regresiva lei e apoiar, deste xeito, ás plataformas en defensa do ensino público, á comunidade educativa e apostar por unha educación pública galega de calidade. Algúns dos argumentos que destacamos para rexeitar a lei, alén doutros son:

  • Probas externas en primaria e secundaria. Estas probas determinarán os fondos educativos, concentrándose nos colexios de mellores notas e minguando os cartos destinados a aqueles que acadaron peores resultados, facendo así unha maior desigualdade e favorecendo a competitividade entre centros educativos en vez de apostar pola colaboración.

  • Unha vez rematada a ESO, se a alumna ou alumno non aproba unha proba non obterá o título.

  • Non contempla a educación infantil e bacharelato como básica o que pode levar á súa privatización.

  • Pagarán con cartos públicos centros privados a aquelas familias que desexen que o neno ou nena non estude galego, catalán ou euskera. Isto supón o financiamento con cartos públicos o decoñecemento de idiomas propios e o incumprindo da Carta Europea de Linguas Minoritarias e Rexionais.

  • Reforza a materia de Relixión que computará no expediente académico. Esta materia pasa a ser máis importante que por exemplo lingua galega.

  • Legaliza os centros que segregan por sexo e finánciaos con cartos públicos.

Ante estes argumentos o PP só soubo dicir que era unha lei necesaria e CONSENSUADA!? amplamente RESPALDADA!? e que tampouco entendían nin sabían os motivos das manifestacións contra a lei. Ante estas declaracións, desde o BNG respondémoslles e convidouse a que baixasen na próxima manifestación á praza do Concello para comprobalo por eles mesmos lembrándolle como na última protesta a praza estaba chea de pais, nais, profesorado e alumnado expresando o seu rexeitamento.
Moción Completa: Moción retirada LOMCE



– Solicitamos o mantemento dos xulgados de paz e gratuidade do rexistro civil: os xulgados de paz xogan un papel importante en trámites de axilio xudicial como notificacións e citacións xudicias, conciliacións, etc  evitando moitos desprazamentos e custes económicos.
Os rexistros civís, pasarán a ser competencia dos e das rexistradoras da propiedade e, polo tanto, de pago para todas as persoas que teñan que emprega-los servizos deste.
Moción Completa: Mantemento dos Xulgados de Paz e da Gratuidade dos Rexistros Civís



- Esiximos a declaración de “persoas non gratas” dos deputados e deputadas galegas no Congreso que votaron a favor das quitas das preferentes: entendemos que se debe reprobar a actitude destes representantes públicos, xa que votaron a favor dun decreto lei que, ademais de respaldar unha estafa, aproba un roubo de parte dos aforros. Esta medida prexudica a milleiros de familias e déixaas indfensas ao non poder recuperar os seus cartos integramente.
As quitas que estes deputados e deputadas do Partido Popular legalizaron, poden chegar até o 43% e por tanto son cómplices deste roubo! Desde o BNG seguiremos denunciando aqueles acordos e aquelas persoas que lexislan contra a xente e en favor da banca, posicionándonos, como sempre fixemos, contra a quita e contra aqueles acordos que prexudicasen as persoas.
Moción Completa: Reprobación dos deputados que aprobaron a quita das preferentes


- Solicitudes presentadas polo BNG en relación a diversas demandas da xente: solicitamos uns pasos de peóns en Xarás, a instalación dunha marquesiña de autobús en Artes e a instalación dunhas papeleiras en Bandaorrío. Podedes ver as solicitudes completas aquí: SOLICITUDES

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.