Pleno extraordinario decembro 2020: modificación inicial do PXOM

Resumo dos asuntos tratados no Pleno extraordinario celebrado o 28 de decembro de 2020.

Aprobación da Conta Xeral. Votos a favor de PP, PSOE, en contra de PBBI, SR e abstención do BNG.

Aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para dotar a Ribeira de chan industrial.
Desde o BNG congratulámonos de que tras moitos anos de parálise por decisións erróneas tomadas polo Partido Popular, se avance nun asunto fundamental para Ribeira como é a creación de máis solo industrial no que poder asentar empresas. A zona escollida para o polígono industrial é a de Pedras Vermellas que é un espazo a carón do que ía ser o Macropolígono industrial da Barbanza proxectado polo goberno de PSOE-BNG e que o PP sempre impediu desenvolver por razóns ideolóxicas e que agora se ve que si se podía ter desenvolvido.
Por outra banda, no expediente aprobado alén de dotar a Ribeira de chan industrial vaise protexer a costa evitando que sexa terreo industrial a zona de Couso en Aguiño.

Desde o Bloque, o voceiro Xosé Vázquez, solicitou que se axilizasen os prazos todo o posíbel e que se estea en contacto coa Asociación de Empresarios/as de Ribeira para que se realice conforme ás necesidades que teñan as propias empresas.

Aprobado por unanimidade

Designar unha rúa a HMR Talleres Nervión. Esta empresa dedicouse á fabricación de motores mariños baixo a marca HMR desde 1940 ata 1980. Chegou a ter tres naves e 150 empregados e situou a Ribeira na referencia da mecánica naval. Aprobado por unanimidade

Renuncia da concelleira do PSOE, Rita Rial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.