Pleno Abril: o PP nin fai nin deixa facer

Resumo do pleno do mes de Abril.

- Moción para garantir a gratuidade de libros de texto no ensino obrigatorio: o compañeiro Antón Parada defendeu o sistema de gratuidade universal xa que é un 40% menos custoso para as arcas públicas có actual modelo do PP e non exclúe ao alumnado, o sistema do PP deixa fóra a máis de 30.000 alumnos/as en Galiza onde cada ano reducen o orzamento destinado a este fin.Feijóo, Manuel Ruiz, Torres Colomer. Ribeira.  El ideal gallego
Entendemos que o ensino obrigatorio debe ser gratuíto e os libros tamén xa que cada setembro as familias teñen que gastar unha suma moi importante de cartos por cada filla ou fillo que teñen estudando. Malia as circunstancias económicas, o PP votou en contra de aprobar esta iniciativa.


Moción Completa: Mocion gratuidade libros de texto


- Plan de emprego para Ribeira: o compañeiro Luís Pérez Barral elavorou en colaboración coa CIG e Galiza Nova un Plan de Emprego Integral para Ribeira que foi rexeitado de plano sen que o equipo de goberno dese ningunha alternativa para a creación de emprego.
En Ribeira non hai chan industrial onde poder asentar empresas e por suposto tampouco existen naves modulares con alugueiros baratos para aquelas persoas emprendedoras. O goberno do PP malia ter 13 concelleiros/as non ten Plan para loitar contra o desemprego, nin Plan de Comercio e Hostalaría ou de Turismo e por riba rexeita o que lle presentamos desde o BNG.


Desde o BNG presentamos un plan con incentivos a familias numerosas, rebaixas fiscais a pequeno comercio e hostalaría, axudas a emprendedores/as, mellorar a orientación laboral, etc un plan integral que loitase contra o desemprego e a emigración que Ribeira ten.


Moción Completa: Plan Integral de Emprego para Ribeira


- Moción para rebaixar as peaxes da AP-9 e camiñar cara a súa titularidade pública: a compañeira Dores Vidal Peón, expuxo que a gran vía de comunicación que vertebra Galiza de norte a sur, a AP-9, é unha vía que comunica os concellos da comarca co resto do País. As peaxes da autoestrada AP-9 supoñen un gasto moi importante para moitas persoas que teñen que desprazarse desde a comarca até outras vilas e cidades así como para os transportes da industria. Moitas veces o elevado prezo fai inasumible viaxar por esta vía.
Para mellorar a competitividade dos transportistas e das persoas que teñen que desprazarse esiximos rebaixas nos prezos e camiñar cara o traspaso a titularidade pública xa que o goberno do PP decidira privatizala até 2048.


Moción Completa: Mocion rebaixa AP9 e traspaso titularidade


- Mocion para comprobar o consumo eléctrico do Concello de Ribeira: Xosé Antonio Vázquez Cobas, elaborou unha moción para que o Concello procedese a revisar o consumo eléctrico do concello para detectar poisbles anomalías de gasto ao faceren un cobro indebido as distribuidoras aplicando a tarifa diurna para o alumeado público nocturno cando o concello contrata a tarifa nocturna, nalgúns casos e a ausencia de contadores, etc.
A moción pretende que se detecten aqueles erros para poder reducir o consumo eléctrico e conseguir un aforro importante para as arcas públicas locais


Moción Completa: Mocion para a revision da facturacion consumo electrico municipal


- Outros asuntos


Solicitude de rebaixa do IVE a salóns de beleza e perruquerías por seren pequenas empresas na súa maioría que empregan a moitas mulleres e que xeran moitos postos de traballo.


Solicitude de beirarrúas na zona do Touro á Amexida


Aprobación por unanimidade dun acordo plenario para esixir o mantemento dos xulgados e rexeitamento da Reforma Xudicial en base á proposta do Colexio de Avogados/as.
Aprobación por unanimidade de solicitar un centro de exames e de recuperación de puntos do carnet para conducir.
Aprobación para instalar un sistema de cámaras e semáforos que limiten o acceso ás rúas peonís (99.000€). O goberno local volverá gastar preto de  148.000€ na reparación das lousas, irá desta a reparación definitiva ou seguiremos enterrando cartos? (247.000€)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.