Pedimos solucións á falta de aparcamento

Centos de persoas veñen cada día a Ribeira para traballar, facer compras, trámites e todo tipo de actividades. A ausencia dunha boa rede de transporte público a un prezo asequible, fai que a xente utilice os seus propios vehículos para acudir ao casco urbano.


Aparcamento Centenario Ribeira. BNG


Temos que ter en conta que os dous aparcadoiros subterráneos teñen prezos excesivamente caros, o que fai que sexa a última opción contemplada para estacionar para a maioría da xente.


Desde o Bloque Nacionalista Galego pensamos que o aparcadoiro do Centenario (600 prazas) debería estar en mans públicas posibilitando ao Concello poñer un prezo asumible. Ademais de abaratar prezos, que fose público o aparcamento do Centenario traería un beneficio engadido, serviría para que os cartos recadados fosen para as arcas públicas.


Membros do BNG comprobamos por nós mesmos como por dúas horas de estacionamento cobraron 2,10€, un prezo que non é razoable e non facilita o uso desta infraestrutura. Mentres nas rúas de Ribeira non atopamos lugares onde estacionar, os aparcadoiros subterráneos están completamente baleiros. A imaxe corresponde co aparcadoiro do Centenario.


Consideramos que nestas datas nas que a xente ten que efectuar as compras de nadal o Concello debería facilitar o estacionamento algo que sen dúbida redundaría tamén no pequeno comercio do noso municipio.


Desde o BNG demandamos do equipo de goberno de Ribeira:


1. Facilitar estacionamento público a un prezo razoable no aparcadoiro do Centenario.
2. Potenciar o transporte público e implantar descontos no prezo a colectivos con menos recursos (xente maior, mocidade, desempregados/as).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.