Pedimos a derrogación da Lei de Augas

O sábado, 4 de decembro, estaremos no mercadillo de Ribeira pedindo a derrogación da Lei de Augas. O PP da Xunta, coa complicidade do alcalde de Ribeira, aprobou esta lei que ten como único obxectivo unha desproporcionada subida de impostos. Se queres sumarte a esta iniciativa achegate á mesa informativa ou cubre o impreso e enviao.

O Goberno Galego ten abordado unha desproporcionada e inxusta subida de impostos coa modificación da Lei de augas. Esta Lei ten como único obxectivo aumentar a capacidade recadatoria da Xunta de Galiza, incrementando exponencialmente a presión fiscal sobre os consumos domésticos e asimilábeis (comercio, hostelería, pequenas empresas,…).

Máis información:
A nova lei propón substituir actual canon de saneamento (en vigor dende o ano 1993) por dous novos impostos indirectos: o canon da auga e o coeficiente de vertido. Isto vai supoñer unha considerábel suba do canon para estes usos domésticos, afectando especialmente á poboación residente no rural. Con esta Lei gravarase por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias (traídas veciñais ou pozos) e a procedente de sistemas públicos de abastecemento.

Os titulares das captacións propias estarán obrigados a instalar contadores homologados, de non facelo no prazo de seis meses, o canon da auga liquidaráselle polo método de estimación obxectiva, ademáis, nalgúns casos, non instalar os contadores homologados no citado prazo, podería conlevar a imposición dunha sanción de até 30.000 € de multa.

En definitiva, a verdadeira finalidade desta Lei reside na motivación económica, no afán recadatorio, contribuíndo a un reparto cada vez menos equitativo da carga tributaria, e a configurar un sistema fiscal a cada paso máis regresivo.

Reclamación contra a Lei de Augas:
reclamacion-contra-a-lei-de-auga.pdf

Lei de Augas

4 comentarios en «Pedimos a derrogación da Lei de Augas»

  1. Cando á xunta non lle supuxo ningún gasto que os propietarios do rural teñan un pozo nas suas propias casas para abastecemento propio, menos ainda lle debe supoñer ningún tipo de beneficio.É un acto calificable de mezquino e que carece por completo de sentido.

Responder a Juana Brión Lema Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.