Peche contra a LOMCE e pola defensa do ensino público en Ribeira!

Hoxe, membros do BNG e Galiza Nova da Barbanza, representados polo responsable comarcal Severino Romero e a viceresponsable comarcal Raquel Iglesias, acompañados por varios/as concelleiros/as doutras localidades e mozos e mozas de Galiza Nova, estivemos apoiando o peche no IES Nº1 contra a LOMCE e contra os recortes no ensino público.
A plataforma galega en defensa do ensino público e a platafora da Barbanza están realizando durante este mes, peches rotativos polos institutos de todo o País, para mostrar o rexeitamento a unha lei que suporá unha grave estocada ao sistema educativo.

Que supón a LOMCE?

Relegará a lingua galega á marxinalidade ao equiparala a unha lingua estranxeira e sendo considerada menos importante que relixión.
Elimina o Consello Escolar como órgano de goberno.
Liquida a igualdade de oportunidades ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas, ao instaurar as reválidas, para que só unha minoría acceda aos estudos postobrigatorios e universitarios.
Repercutirá negativamente no ensino público e fortalecerá, pola contra, o ensino privado-concertado que se verá favorecido coa creación de centros de excelencia, mediante a selección do alumnado. Blíndanse os concertos económicos cos centros privados, mesmo con aqueles que segregan o alumnado por razón de xénero, malia existiren sentenzas que ditaminan a súa ilegalidade.

Fotos: Flickr do BNG de Ribeira

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.