Orzamentos nefastos para Ribeira e A Barbanza

A deputada Ana Pontón, xunto co portavoz de Ribeira, X. A. Vázquez Cobas e a concelleira da Pobra Cristina Andrade fixeron unhas valoracións negativas ante os orzamentos do ano 2013 que presenta o Partido Popular para os concellos da nosa contorna. Os motivos?

Estes orzamentos continúan coa teima dos recortes, desmantelamento de servizos públicos (redución de profesorado, persoal sanitario, menos cartos para políticas sociais e de emprego, etc) e un considerable aumento do paro como puidemos ver na última Enquisa de Poboación Activa (EPA) onde Galiza era a comunidade onde máis crecía o número de desempregad@s. Malia todo, se os 20 millóns de € presupostados e non executados de 2012, o ano 2013 prevese peor xa que o orzamento para a nosa comarca tan só conta con dúas partidas:

1.ooo.ooo € para a Estación de Depuración Augas Residuais (EDAR) de Corrubedo.
- 21.000€ para equipamentos no Hospital da Barbanza.

Como vemos eses 21.000 € son unha cantidade irrisoria para o Hospital e todas aquelas xustas demandas que fai a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Ademais o PP parece esquecerse de que é o Hospital de todo o país con menor dotación orzamentaria, que non posúe celadores/as e que precisa dunha ampliación de urxencias, etc.

Vemos polo tanto que non hai nin un só euro para equipamentos de carácter social (garderías, centros de día, residencias da terceira idade, etc) nin para políticas de emprego. Xa non mencionemos que ficou no baúl dos recordos a ampliación do polígono industria Ribeira-Pobra.

Ante tal panorama, o BNG vai presentar emendas a estes orzamentos para que se inclúan partidas necesarias para manter os servizos públicos e desenvolver políticas de emprego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.