Orzamento 2015: empeoramento económico e involución social

As políticas dos gobernos do PP non fan que Ribeira baixe das 2.000 persoas desempregadas. A isto temos que sumarFeijóo, Manuel Ruiz, Torres Colomer. Ribeira.  El ideal gallego, desgraciadamente, máis de 2.000 mozos e mozas de entre (15-35 anos) que tiveron que emigrar. Cruz Vermella, Stop-Desafiuzamentos atenden a moitas persoas e familias que o precisan e Caritas atende a 786 persoas das cales 246 son crianzas e cun comedor ao que acoden case medio cento de persoas.


Tal e como se recolle no Orzamento 2015 “continúan os efectos da crise que é intensa e duradeira” pero esquece dicir o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, que a política de AUSTERIDADERECORTES dos gobernos do PP na Xunta e no Estado apoiados e aplicados polo goberno do PP ribeirense en contra dos intereses das veciñas e veciños fan que estes efectos sexan maiores.


En Ribeira temos que dicir que malia que no 2015 se conxelen as taxas por haber eleccións, os impostos e taxas subiron en tres anos un 9% ademais de termos que sumar a subida de impostos e os recortes locais feitos en Ribeira polo PP.


Tamén di Manuel Ruiz “abórdase o futuro dende os criterios de máxima austeridade e rigor” e di que “avaliando coa debida sensibilidade económica e social o uso de cada euro”.
Acaso gastar máis de 18.000€ nunha estatua ao percebe é sensibilidade económica e social? Isto contrasta con por exemplo os 21.000€ que perde a Biblioteca que pasa de 84.000 a 61.000€


Do mesmo xeito temos que dicir, unha vez máis, que non estamos de acordo co mal gasto que para nós supón a partide de Propaganda-Protocolo-Asesor de prensa: 121.000€ (35.000+30.000+56.000). Ou como alcaldía gasta 10.000€ en teléfono, 2.500€ en comida e 4.500€ de dietas e transporte cando o alcalde recibe 55.000€ do Concello [+ 591€ por cada pleno deputacion + 370€ por xunta goberno + 370€/comisión membro de 4] e os tenentes alcalde reciben 31.600€ anuais!!


O Orzamento 2015 baixa un 9,5% ata os 20.261.449€. O endebedamento pasa do 44% ao 57%.


Outro ano máis desde o BNG denunciamos como o PP oculta o destino final de moitos cartos baixo os epígrafes escuros de “estudos e traballos técnicos”. Descoñecemos exactamente a que se destinan 645.000€ do Orzamento2015! En que o gastarán? Só eles o saben!

A presión social e o BNG conseguen aumentar diversas partidas sociais


Educación: + 44.475€
Axuda no Fogar: + 20.000€
Formación e emprego: + 23.500€
Vacacións en paz (axuda a crianzas saharauís): + 4.200€
Centro da Muller: + 2.000€
Beneficencia: + 4.400€

Que propón o BNG? As alternativas!


Reclamámoslle ao equipo de goberno do Concello de Ribeira:Concelleiros BNG Ribeira C. Queijeiro LVG. Xose Antonio Vazquez Cobas, Luis Pérez Barral, Dores Vidal Peon, Xose Anton Parada Fernandez

Plan de Reactivación Económica


Creación de Programas contra o paro para a creación de emprego incluíndo creación de chan industrial que a día de hoxe non existe e medidas específicas para a mocidade como prácticas remuneradas en empresas, axuda a emprendedores, etc
Vital importancia tería o apoio e axuda ao Comercio e Hostalería locais xa que este eido dá traballo a moita xente e é fundamental apoialo facendo rebaixas fiscais a quen xere emprego estable, sobre todo ao contratar a persoas con risco de exclusión e mocidade.


Con respecto ao Turismo planeamos un mellor aproveitamento do Parque Natural compatibilizando a actividade coa conservación necesaria, redirixir a turistas cara outras zonas do municipio con interese, estimular o gasto d@s turistas no comercio, etc
Finalmente incluímos un Plan de mellora do Transporte Público que vertebre as parroquias mediante a creación de rutas circulares, bonos de desconto para persoas maiores e estudantado, establecemento do trasbordo para non pagar dous billetes nun só traxecto, etc.

Plan de Xustiza Social 


Creación dun Fondo de Emerxencia Social con bonos alimenticios para persoas sen recursos especialmente un dirixido á correcta alimentación  crianzas.
Medidas de axuda para garantir a subministración eléctrica para que, alomenos nos meses de inverno poidan manter o fogar a unha temperatura axeitada e non se lle corte a luz.
Medidas específicas para garantir unha vivenda digna e se poida utilizar o albergue da Casa da Xuventude como albergue social para aquelas persoas sen teito, así como romper relación cos bancos que executen despexos e expulsen a xente da súa casa neste concello.


Ademais destas propostas, no BNG levamos moito tempo presentando alternativas e mocións encamiñadas a axudar a quen peor o está pasando e intentando impulsar os sectores produtivos de Ribeira e volvemos pedirlle ao goberno do Partido Popular e de Manuel Ruiz que as teña en conta.


Estes plans deben contar ca participación de todos os sectores implicados porque sabemos que as actuacións illadas que se fan, non dan resultado. Son improvisadas, oportunistas faltas de continuidade e pendentes sempre da subvención clientelar. Ribeira ten carencias históricas para os sectores produtivos e o Concello debe ser o motor que impulse a necesaria dinamización.


Sairemos da crise e é a nosa obriga contribuír a iso. No BNG farémolo ao lado da xente de Ribeira defendéndoa fronte as políticas de recortes dos gobernos do PP. Farémolo nas institucións e na rúa ao lado da veciñanza defendendo os nosos dereitos como sempre fixemos.


En breve subiremos o documento para a súa consulta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.