Orzamento 2014: Desemprego, emigración e exclusión social

Boas, queremos deixarvos un resumo do que contén o Orzamento2014 do Concello de Ribeira.


É un Orzamento2014 acorde ao contexto que vivimos?


Na nosa comarca, Stop-Desafiuzamentos atendeu a máis de 100 familias e continúan aumentando. Estamos por das 10.000 persoas desempregadas e Ribeira non baixa das 2.200. A isto temos que sumar, desgraciadamente, máis de 2.000 mozos e mozas de entre (15-35 anos) que tiveron que emigrar. Na nosa cidade Cruz Vermella recauda cartos para o amaño dunha casa dunha familia con escasos recursos, Caritas atende a 786 persoas das cales 246 son crianzas e cun comedor desbordado con máis de 40 persoas diarias, etc. Tal e como se recolle no Orzamento 2014 vivimos “un período critico” de crise, claro que si, pero esquece dicir o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, que á pola política de AUSTERIDADE e RECORTES dos gobernos do PP na Xunta e no Estado foron apoiados e aplicados polo goberno do PP ribeirense sendo cómplices e executores deles en contra dos intereses das veciñas e veciños de Ribeira ademais de termos que sumar sumar a suibda de impostos e os recortes locais feitos en Ribeira polo PP.


Tamén di Manuel Ruiz “abórdase o futuro dende os criterios de máxima austeridade e rigor” e di que “avaliando coa debida sensibilidade económica e social o uso de cada euro
Acaso considera que gastar máis de 14.000€ nunha revista propagandística de luxo é sensibilidade económica e social? E o mesmo poderiamos dicir da comida dos maiores ao tempo que apoian tódolos RECORTES que tan negativamente lles afectan na vida diaria?!


Do mesmo xeito temos que dicir, unha vez máis, que non estamos de acordo co mal gasto que para nós supón a partide de
Propaganda-Protocolo-Asesor de prensa: 121.000€ (35.000+30.000+56.000). Ou como o gabinete de alcaldía gasta 10.000€ en teléfono, 2.500€ produtos alimenticios e 4.500€ de dietas e transporte cando o alcalde recibe 55.000€ do Concello [+ 550€ por cada pleno diputacion + 345€ por xunta goberno + 345€/comisión membro de 4] e os tenentes alcalde reciben 31.600€ anuais!!


O concello aforra e saca peito mentres a veciñanza sufirmos a subida das TAXAS municipais un 5% alén das de Feijoo e Rajoy… Iso si, temos que estar tranquilas/os que o Concello aforrou… mentres os salarios minguan e non suben a xente perde poder adquisitivo. Baixa o consumo e diminúe a actividade económica poFeijóo, Manuel Ruiz, Torres Colomer. Ribeira.  El ideal gallegolo que aumenta o DESEMPREGO.


O Concello de Ribeira fai un orzamento para aforrar e sacar peito, mentres a veciñanza o pasamos mal e non mellora a vida das persoas que vivimos en Ribeira!


Outro ano máis desde o BNG denunciamos como o PP oculta o destino final de moitos cartos baixo os epígrafes  escuros de “estudos e traballos técnicos” polo que non sabemos exactamente a que se destinan 500.000€ do Orzamento2014! En que se gastarán medio millón de euros? Só eles o saben!

ALGÚNS RECORTES:


Protección Civil: recortan 50.430€
Educación: recorte de 32.773€ e 35.000€ melloras colexios. Total -67.773€
Cultura: recorte de 84.500€
Unidade Atención Drogodependencias: perdeu 4.000€.
Centro da Muller: recorte de 12.270€ 
Plan Comunitario: recorte de 2.000€, no ano 2013 perdeu outros 2.000€
Oficina Información Consumidor: recortan 2.000€, no ano 2013 perdeu outros 2.000€
Aulas Multimedia: recortan 2.000€, no ano 2013 perdeu 4.000€

Que propón o BNG? As alternativas!


Desde o Bloque Nacionalista Galego reclamámoslle ao equipo de goberno do Concello de Ribeira:

Plan de Reactivación Económica


Contemplamos a creación de Programas contra o paro e a creación de emprego incluíndo creación de chan industrial que a día de hoxe non existe e medidas específicas para a mocidade como prácticas remuneradas en empresas, axuda a emprendedores, etc
Vital importancia tería o apoio e axuda ao Comercio e Hostalería locais xa que este eido dá traballo a moita xente e é fundamental apoialo facendo rebaixas fiscais a quen xere emprego estable, sobre todo ao contratar a persoas con risco de exclusión e mocidade.

Con respecto ao Turismo planeamos un mellor aproveitamento do Parque Natural compatibilizando a actividade coa conservación necesaria, redirixir a turistas cara outras zonas do municipio con interés, estimular o gasto d@s turistas no comercio, etc
Finalmente incluímos un Plan de mellora do Transporte Público que vertebre as parroquias mediante a creación de rutas circulares, bonos de desconto para persoas maiores e estudantado, establecemento do trasbordo para non pagar dous billetes nun só traxecto, etc.

Plan de Xustiza Social 


Este programa inclúe a creación dun Fondo de Emerxencia Social con bonos alimenticios para persoas sen recursos especialmente un dirixido á correcta alimentación  crianzas durante todo o ano.
Así mesmo, debe conter medidas de axuda para garantir a subministración eléctrica para que, alomenos nos meses de inverno poidan manter o fogar a unha temperatura axeitada e non se lle corte a luz.
Por último debería haber medidas específicas para garantir unha vivenda digna e se poida utilizar o albergue da Casa da Xuventude como albergue social para aquelas persoas sen teito, así como romper relación cos bancos que executen despexos e expulsen a xente da súa casa neste concello.Concello Ribeira. BNG Ribeira


Ademais destas propostas, o BNG levamos moito tempo presentando alternativas e mocións encamiñadas a axudar a quen peor o está pasando e intentando impulsar os sectores produtivos de Ribeira e volvemos pedirlle ao goberno do Partido Popular e de Manuel Ruiz que as teña en conta.


Estes plans deben contar ca participación de todos os sectores implicados porque sabemos que as actuacións illadas que se fan, non dan resultado. Son improvisadas, opurtunistas faltas de continuidade e pendentes sempre da subvención clientelar. Ribeira ten carencias históricas para os sectores produtivos e o Concello debe ser o motor que impulse a necesaria dinamización.


Sairemos da crise e é a nosa obriga contribuír a iso. No BNG farémolo ao lado da xente de Ribeira defendéndoa fronte as políticas de recortes dos gobernos do PP. Farémolo nas institucións e na rúa ao lado da veciñanza defendendo os nosos dereitos como sempre fixemos.


Documento: Orzamento 2014 Ribeira

2 comentarios en «Orzamento 2014: Desemprego, emigración e exclusión social»

  1. Non me extraña que teñamos que chupar recortes, son para pagarlle os sueldazos que teñen e as dietas
    E teñen a pouca vergonza de seguir gastando en propaganda e revistitas cando siguen a subir todo canto hai VERGONZOSO !

  2. Estes acaban con todo o que hai. Pa a súa comichada hai cartos, pero para os que desalojan das casas e para os meniños que non están ben alimentados non. Non teñen vergonza¡¡¡¡¡

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.