O Xulgado reclama información sobre o alumeado público

Traxedia do antroido

Preto dun ano despois de que unha descarga eléctrica provocase a morte dun mozo de Corrubedo, o xulgado ven de reclamar ao Concello de Ribeira un informe da iluminación pública.

No seu momento o Grupo Municipal do BNG de Ribeira xa lle solicitou ao Grupo de Goberno que abrira unha exhaustiva investigación interna para esclarecer as causas deste tráxico suceso e depurar as pertinentes responsabilidades.

Tamén reclamamos que se adoptaran as medidas oportunas para que sucesos deste tipo por volvan a acontecer.

O pasado martes, día 20 de febreiro ás 4 da madrugada, produciuse un grave accidente no que un mozo faleceu por electrocución, según se recolle no informe da autopsia. Isto aconteceu ao lado dunha carpa provisional, instalada por unha empresa contratada polo Concello de Ribeira, na rúa Portugal, diante do auditorio e a carón dunhas farolas do alumeado público.

Estes feitos agravanse máis, se cabe, porque existen indicios solventes de que a instalación do alumeado público xa dera sinais de mal funcionamento, pois existen denuncias previas de descargas eléctricas presentadas diante da Policía Local xa dende decembro pasado.

É notoria a alarma existente entre a cidadanía dada a incerteza que este grave suceso xerou. Polo tanto, resulta realmente preocupante que, pasado xa un tempo prudencial, non se deran explicacións por parte do Grupo de Goberno e, nomeadamente, do Alcalde nen a cidadanía, nen a Corporación Municipal, nen tan sequera aos seus voceiros, a respeito das causas deste dramático acontecemento, das posibles neglixencias que o ocasionaron e das actuacións que del deberan derivarse.

Nova na Voz:
O xulgado reclama ao Concello de Ribeira un informe da iluminación

Iniciativa Municipal:
2007-03-14-alumeado-publico.pdf

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.