O PP rexeita os locais de ensaio de Xuventude

Parte do Grupo Municipal do BNG en rolda de prensa


O BNG presentou no pasado pleno unha moción sobre locais de ensaio na que solicitaba o acordo para que dende o Concello de Ribeira se fagan as xestións oportunas ante Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galiza para que se instalen en Ribeira locais de ensaio dentro da Rede do locais de ensaio: “Nsaio” . Asemade tamén se solicitaba que o concello de Ribeira puxese a disposición da Dirección Xeral de Xuventude, espazos precisos para poder facer realidade, canto antes, estes locais ensaio.

Votar a favor desta moción significaba que o concello de Ribeira pasaría a formar parte dunha rede de concellos que dispoñen duns modernos locais equipados para ensaiar e para gravar maquetas, algo que os grupos musicais de Ribeira teñen demandado e o BNG xa levou a pleno en 2005. Formar parte desta rede significaría que os grupos que ensaiaran nestes locais poderían disfrutar de proxectos de difusión a través da Radio Galega, concursos, concertos, etc.

Máis o Partido Popular votou en contra no Pleno argumentando que non querían ceder un espazo á dirección xeral de xuventude porque, según eles se cedería á xestión dos locais á Xunta de Galiza. Algo que é rotundamente falso tal como se pode ler no Decreto 16/2007, do 1 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.

Así pois por capricho do goberno de Torres Colomer, Ribeira perdeu a oportunidade de pertencer a unha rede de concellos cunhas instalacións punteiras que serían sufragadas integramente pola Dirección Xeral de Xuventude dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galiza. Dicir que estas instalacións poden rondar entre os 100.000 e 120.000 euros, ademais perdeuse a posibilidade de participar nunha convocatoria anual específica para concellos que estén dentro da rede “Nsaio” para a mellora de equipamentos e instalacións dos locais. Esta subvención podería chegar aos 12.000 euros anuais.

É lamentable que o goberno de Ribeira deixe pasar oportunidades de crear e mellorar servizos á nosa cidadanía sen que lle custen un euro.

4 comentarios en «O PP rexeita os locais de ensaio de Xuventude»

  1. Nunca mellor dito con este goberno imos de cu.
    Non sei que quere este grupo municipal, debe querer que os nos@s fill@s sigan estando tirados na alameda coma sempre, claro agora vai a haber nova plaqueta na plaza do concello. INCOMPETENTES

  2. Os do PP a que andan?
    Primeiro votan en pleno, en contra da moción do bloque na que pedían entrar dentro da rede de locais de ensaio e agora, 15 días despois, din que si que queren a entrar dentro da rede… que pasa tanto lle costa a Torres votar unha proposta en positivo do BNG… Eso é o que pasa cando se ten un alcalde que non mira polo seu pobo.

  3. A min dixéronme, non fai moito, que primeiro din que non pero que despois algo van arranxando, se é a única maneira de facer algo positivo, pois bueno… menos dá unha pedra.

  4. Pero estes do PP non teñen vergoña? Non saben que o mínimo é gañar o soldo que lles pagamos dos nosos petos? Votan en contra da moción do BNG por prepotencia ou por que nin se molestaron en mirar o que dicía o decreto? Agora recúan! Vaia panda!
    En fin… Ao final o importante é que os grupos musicais poidan ter un servizo e non teñan que ir a outros concellos da comarca a gravar maquetas.

Responder a San Martiño Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.