O PP non se comprometeu co arranxo da Praza dos Muiños

A veciñanza reclama o arranxo da Praza dos Muiños

No Pleno do pasado luns o Partido Popular volveu a amosar a súa verdadeira faciana deixando ao descuberto a falla de compromiso para solventar os problemas da cidadanía de Ribeira. Ningunha das tres iniciativas do BNG debatidas foi apoiada polo goberno do PP. Alegando que “xa están niso” ou outras escusas do máis incoherente, votaron en contra de todas e cada unha das iniciativas do BNG, que si contaron co respaldo do resto dos grupos municipais.

Así, o PP rexeitou a moción pola que demandamos un plan de fomento do transporte público. Tampouco mereceu o seu apoio un tema de tanta actualidade como é o estado da rede de sumidoiros. O outro dos temas cos que o goberno non quixo comprometerse foi co arranxo da Praza dos Muiños. O alcalde limitouse a decir “a capa asfáltica non se pode botar con este tempo”.

A Praza dos Muiños é un espazo público de preto de 2.000 metros cadrados a carón do propio Concello, que a veciñanza leva preto de 20 anos agardando que lle acondicionen. O propio Alcalde recoñeceu que a praza está desafectada dende o ano 2003, polo tanto, hai 5 anos que ese espazo é público sen que o goberno do PP fixera nada até o momento para mellorar o seu estado e dotar á veciñanza e a toda a cidadanía de Ribeira dun espazo de ocio.

No balbordo da campaña electoral das últimas eleccións municipais o Alcalde anunciou a bombo e platillo “un proxecto de luxo para a Praza dos Muiños”. Dous anos despois, lonxe de cumprir o seu compromiso, o “proxecto de luxo” resultou ser un proxecto de lixo, inseguranza e problemas para a cidadanía.

Consideramos unha grave irresponsabilidade ter unha praza como esta, pola que transitan moitas persoas, nomeadamente nenos e nenas de 0 a 3 anos dunha gardería alí existente, en tan mal estado durante tanto tempo. O neglixente coidado do público que práctica o PP pon ao descuberto os verdadeiros intereses que defende este goberno: mentres aquí ten 2.000 metros cadrados sumidos no abandono, a escusa de ampliar en 41 metros cadrados a vía pública noutro lado válelles para dilapidar 3.000 metros cadrados de edificabilidade do noso patrimonio.

A iniciativa presentada polo BNG en novembro e debatida o luns, e as 600 sinaturas presentadas pola cidadanía en decembro fixeron que a mediados deste mes aparecera pola praza un traballador para realizar tarefas de limpeza, nunha desas estratexias de cara á galería ás que o PP nos ten acostumados/as. Quince días despois o obreiro segue limpando o proxecto de lixo en que se converteu a anuncio electoral feito polo Alcalde dous anos antes, tan só para xustificar o voto en contra da moción do BNG respaldada por 600 veciñas e veciños de Ribeira.

Nova na Voz:
O PP tirou de maioría para fulminar todas as mocións da oposición de Ribeira
¿Un salón plenario ou un aula de mozos revoltosos?

5 comentarios en «O PP non se comprometeu co arranxo da Praza dos Muiños»

  1. Máis que mozos revoltosos en ocasións algúns concelleiros do PP compórtanse como verdadeiros “hooligans”. Se teñen en insultar, abuchear ou recorrer ao ataque persoal para suplir a falta de argumentos, non se cortan o máis mínimo. Que fai o alcalde mentres tanto? Consentir, a caladiña, cando se trata dos seus e nin a mínima á oposición.

  2. Paréceme incrible que os nosos representantes se comporten así. Xa me dixeran que algúns concelleiros do PP se pasaban o Pleno lendo revistas tipo Hola, Man, etc. Vexo que se quedaron curtos…

  3. Manda carall…..que estas cousas estean a suceder nos plenos, non e secreto ningún, pero é que isto cada mes que pasa vai a peor…..esperemos que o de Coslada nos quede lonxe..lonxe….aínda que dubido moito…pero moito da capacidade que puideran ter para organizarse como o fixeran aqueles “túzaros”..... e máis para amedrentar os/as cidadáns, ..aínda que poden chegar a molestar coma un gran no….. nariz.
    Saúdos

  4. Pois, a verdade, eu non o dubidaría tanto, Jaime. É ben coñecida a actuación “mafiosilla” destes peperos que nos gobernan. Non sería a primeira vez que van a casa de calquera veciño a chamarlle a atención por falar coa oposición; tampouco é a primeira vez que chaman por teléfono de xeito ameazante. Todo mundo sabe que se non simpatizas con eles podes ter problemas para que che dean unha licencia, para que che doten de servizos ou mesmo para que che cambien a bombilla da farola cando se funde. Por non dicir como funciona o dos postos de traballo do concello. En fin, que as distancias non son tantas…

  5. “Risas y compadreo entre los del PP y de IRP, lectura de revistas…” (mas o menos decía así) leo en el periódico. Pero no son los de la oposición los que montan siempre la bronca? Por lo menos eso es lo que hacen en el Parlamento de Galicia… y yo que pensaba que en Ribeira estaban gobernando!

Responder a Mariola Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.