A presentación do mellor equipo

Parte do equipo 

Equipo completo

Este sábado, día 14, presentamos ao extraordinario equipo que me acompaña neste reto no que dende o BNG aspiramos a liderar o cambio que seguro que se vai dar en Ribeira no vindeiro mes de maio.

Trátase dunha candidatura paritaria, cremalleira de principio a fin, formada por 14 mulleres e 14 homes con moitas gañas de traballar por Ribeira e para que Ribeira avance. É, sen dubida, un equipo preparado, competente, coñecedor da nosa realidade, con representantes de todas as parroquias nos primeiros postos. Mesmo non quixemos que faltara representación da Ribeira da diáspora.

Estou segura de que con este equipo acadaremos a confianza da xente de Ribeira. A cidadanía vai a darnos o seu apoio para liderar o cambio que se ten que producir o 27 de maio. Como diría Castelao: “Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós”.

Mira en “O mellor equipo” a lista completa.

Nova na Voz

12 comentarios en «A presentación do mellor equipo»

  1. O BNG de Ribeira amosou unha vez máis a súa capacidade para presentar unha lista con xente preparada para que Ribeira avance, para que as institucións do concello esperten do seu sono e dispoñan os recursos necesarios para permitir que a súa activa e dinámica cidadanía se desenvolva. Ánimo amigas e amigos!

  2. Agardo como auga de maio que se produza un cambio de goberno en Ribeira. Estou cansa de tanto despropósito. Tendes un bo equipo e seguro que lograredes o apoio necesario para ser alternativa de goberno porque hai moita xente desencantada igual que min. O meu xa o tendes. Moito ánimo.

  3. Vai sendo hora de mirar para o futuro e de buscar alternativa á maleta creando emprego en Ribeira. Eu tamén penso que non lle estamos sacando partido a riqueza que temos a carón. Vexo que, por fin, teremos chan industrial en Ribeira. Nada menos que un polígono de 1 millón de metros. Xa era hora. Espero que consigades tamén melloras para o sector do mar, en materia de turismo e no comercio. Ademais de ser xente preparada sodes de fiar. Adiante.

  4. Espero que teñades moita sorte. Gustaríame poder votar por vos porque o merecedes, pero lamentablemente non me é posible. Son un dos moitos mariñeiros embarcados que andamos polo mundo adiante e aínda non temos a posibilidade de votar. Neste momento estou en terra porque estamos descargando pero temos que dar outra marea e non vamos a chegar a tempo para votar en maio. É lamentable que na era das novas tecnoloxías os nosos gobernantes non atoparan aínda un sistema para que podamos exercer o noso dereito ó voto. Sei que vos estades traballando para que podamos votar. Espero que o logredes como sei que lograredes cambiar as cousas en Ribeira. Moita sorte de novo.

  5. Non me gusta ir votar. Hai catro anos, a verdade, pasín un pouco pero xa hai máis dun ano que me arrepentín. Creo que votarei nas próximas eleccións porque Ribeira está morrendo. Sin querer ofender a nadie creo que o BNG é a organzación máis seria con diferencia. Desta non quedo na casa. Por min non vai quedar.

  6. Hola, teño 18 anos, case 19, son ás primeiras eleccións nas que vou exercer o dereito ó voto, e por suposto, penso facelo, irei eu e levarei ós meus amigos porque penso que é un dereito que temos e debemos de exercelo. Ribeira da pena, Ribeira precisa un cambio, novas políticas para a mocidade. Eu confío no BNG, neste equipo, polo tanto o meu voto para vos, ánimo e sorte. Os meus amigos pensan coma min.

  7. Yo tampoco voté la vez anterior. Se que somos muchos los que nos quedamos en casa. Cada vez comprendo mejor por que nos des-gobierna este alcalde y este partido que en Ribeira es de verguenza. Esta vez no me quedo en casa. Espero que otros muchos hagan lo mismo. Si no es así no habrá remedio. Suerte.

  8. Ante todo quero agradecervos a vosa participación neste blog e o voso apoio. Elección tras elección en Ribeira son máis de 8 mil as persoas que tendo dereito ao voto, non o exercen porque non queren, ou porque non poden, como é o sangrante caso de Ramón e de todos os nosos mariñeiros que teñen ese dereito vetado cando están no mar.

    Está ben saber que cando non se vai a votar pola desculpa que sexa, estase favorecendo ao partido que actualmente nos goberna. Se non nos gusta o que temos non se debe quedar na casa o 27 de maio, hai que ir a votar para que poidan gobernar outros. Non valen escusas do tipo: “son todos iguais”, porque non o somos, ou “non hai alternativa”, porque si a hai.

    Nós temos un bo equipo e un proxecto político para Ribeira. Non queremos que o cambio, que seguro se vai a producir en maio, sexa só un cambio de persoas, senón tamén un cambio de políticas. A participación da cidadanía, a creación de emprego, a aplicación de políticas que contribúan a mellorar a calidade de vida, as políticas específicas para a xente nova (ocio, emprego, vivenda de promoción pública), ou a dotación de infraestructuras das que Ribeira carece son algúns dos nosos obxectivos.

    Sabia decisión, pois, a de ir a votar e a de pedirlle a amigos, amigas e familiares que fagan o mesmo. Non dubidar, incluso, en recorrer ao voto por correo se considerades que non vos vai a ser posible exercer ese dereito o 27 de maio. 😉

  9. Ola

    Censeime hai uns meses en ribeira (non, non son unha de tantas “censadas de mentira”, jeje, foi pq vin vivir para aquí), e, aínda q non milito en ningún partido, o bloque fáiseme cercano á miña posición ideolóxica en moitos aspectos así q son unha votante potencial…

    Gustaríame saber se tendes algún plan (para aplicar dende o goberno se chegades a formar parte del, ou para presionar con el dende a oposición se non tendes tanta sorte) para acabar cos verquidos de “augas” q van directamente ao mar, dame a impresión q sen depurar nin nada q se lle pareza. Falo das praias de castiñeiras, q é para onde vin vivir da pena q un sitio tan bonito esté tan abandonado.

    Un saúdo, e sorte.

  10. Ola Marinela, permíteme antes de nada darche a benvida e desexarche que te atopes moi a gusto entre nós.

    O saneamento integral de todo o concello é unha das nosas grandes batallas e tamén a gran materia pendente do Goberno do PP que en 20 anos que levan ao fronte da alcaldía, con maiorías absolutas tanto aquí como na Xunta ou en Madrid, non foron quen de acadalo. Así o concello non conta con ningunha depuradora, so temos unha decantadora no Touro que recolle os verquidos de Palmeira e Ribeira. Todo o demais ou carece de saneamento (Oleiros e boa parte de Olveira e moitos lugares doutras parroquias) ou vai directo ao mar sen ningún tipo de depuración previa, como é o caso de Castiñeiras. Aí, ademais, tivemos unha batalla tanto a veciñanza coma nós para que arranxaran o emisario roto xusto onde están as escaleiras do peirao, lugar preferido polos rapaces e rapazas para bañarse.

    Remato, pois, decindoche que a partir de maio o Goberno do BNG (porque gracias a moitas persoas coma tí imos a gobernar, non o dubides) vai a ter entre as súas prioridades abordar paulatinamente o saneamento integral do concello. Somos conscientes das dificultades que isto supón, pero tamén da necesidade de protexer o privilexiado entorno que temos e a riqueza da nosa ría e da nosa costa. Polo tanto, consideramos que o esforzo ben paga a pena.

    Graciñas pola túa participación e o teu apoio. Saúdos.

Responder a Pedro Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.