Grupo Municipal 2023-2025:
1. Luís Antonio Pérez Barral
Estudou o Grao en Lingua e Literatura Galegas, cun mínor de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Estes estudos realizounos compatibilizándoo cun traballo de camareiro.
Traballou tamén como técnico na asociación “A Mesa pola Normalización Lingüística” onde coordinou importantes campañas de fomento da lingua galega. Tamén traballou como técnico na Administración Local desde o ano 2018, concretamente no Concello de Outes.
Luís dispón dunha ampla experiencia institucional sendo concelleiro de Ribeira. Foi membro da dirección da organización xuvenil Galiza Nova do ano 2012 ao 2016. Actualmente é o portavoz do BNG en Ribeira, responsable do BNG na Barbanza desde o ano 2021 e tamén membro do Consello Nacional.
2. María Cruz Rivadulla Márquez
Colabora con distintas organizacións sociais como Renacer, Unicef e Servizos Sociais.
Militante do BNG desde hai anos e actualmente é concelleira. Cruz é unha defensora da natureza e dos animais.
3. Genoveva María Betanzos Fernández
Cursou estudos en Ribeira na rama de administración de empresas. Desde ben nova forma parte da empresa de asesoría Beny García, na que realiza traballos de asesoría fiscal, laboral e administración de predios.
Colabora activamente nos movementos en defensa da Sanidade Pública, implicándose especialmente para evitar o feche do centro médico de Palmeira.
4. Antía Alberte Maneiro
A crítica a través do humor e a sátira son ferramentas que Antía emprega para crear conciencia sobre a conservación da nosa lingua, os estereotipos de xénero e a creación dun futuro sostible. O personaxe de La Chica de la Pisa ou a formación no seu dia do dúo Blanca e Tinta son algúns destes exemplos. Tamén fai traballos puntuais, entre eles, ilustrou o libro de Relatos e lembranzas, recopilatorio de relatos do benquerido Plácido Betanzos.
Traballou como técnica de prevención de riscos laborais. No ámbito social, forma parte do colectivo ecolóxico Baluarte.
5. Xabier Vidal Peón
Forma parte da Asociación Social e Cultural de ‘Bandourrío’, procurando a defensa dos intereses do barrio, promover e recuperar as tradicións populares.
As súas afeccións son o deporte a poesía e o cinema.
Grupo Municipal 2019-2023:
1. Xosé Antonio Vázquez Cobas (de 2019 a 2022)
É Concelleiro e voceiro municipal do BNG. Licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea na USC. Tamén se dedicou á artesanía de cerámica, alfareiro-ceramista. Actualmente traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira.
No ámbito social, foi socio fundador e presidente da Asociación Cultural Altofalante, continuando hoxe en día como socio. Tamén participou na constitución da Asoc. de Veciños de Carreira, da que foi vogal na primeira directiva.
É un membro activo dentro da plataforma da Sanidade Pública da Barbanza da que colabora e axuda desde a súa constitución. Participa doutras plataformas veciñais e reivindicativas.
Leva ás costas máis de 12 anos de militancia.
Afeccionado á música tradicional galega, é alumno de gaita.
2. Luís Antonio Pérez Barral
É de Ribeira pero criado desde sempre en Artes polo que sempre se considerou de alí. Estudou Lingua e Literatura Galegas (filoloxía galega) cun mínor de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como técnico de normalización lingüística na asociación A Mesa pola Normalización Lingüística de 2017 a 2021. Actualmente traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Outes, posto que ocupa desde o ano 2018.
No BNG ten grande experiencia pois foi un dos concelleiros máis novos de Galiza ao tomar posesión con tan só 21 anos. Foi membro da Comisión Permanente da organización xuvenil Galiza Nova, foi membro do Consello Nacional do BNG, foi responsábel do BNG na Barbanza e actualmente é o responsábel de comunicación.
É afaccionado á fotografía.
3. Cruz Rivadulla Márquez (de 2022 a 2023)
Veciña de Oleiros. Ecoloxista e feminista
Licenciada en Químicas. Profesora de educación Secundaria , actualmente xubilada
Colabora con distintas organizacións sociais como Renacer e Unicef tamén colabora cos servizos sociais do concello. Defensora da natureza e dos animais. Cre que existe un mundo mellor e que se pode conseguir defendendo os dereitos humanos.
Grupo Municipal 2015-2019:
Veciño de Carreira nado 1957.
É Concelleiro e voceiro municipal do BNG. Licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea na USC. Tamén se dedicou á artesanía de cerámica, alfareiro-ceramista. Actualmente traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira.
No ámbito social, foi socio fundador e presidente da Asociación Cultural Altofalante, continuando hoxe en día como socio. Tamén participou na constitución da Asoc. de Veciños de Carreira, da que foi vogal na primeira directiva.
É un membro activo dentro da plataforma da Sanidade Pública da Barbanza da que colabora e axuda desde a súa constitución. Participa doutras plataformas veciñais e reivindicativas.
Leva ás costas máis de 10 anos de militancia.
Afeccionado á música tradicional galega, é alumno de gaita.
Ten traballado de camareiro, de monitor de ocio e tempo libre e ten dado clases particulares. Tomou posesión de concelleiro do BNG con tan só 21 anos, sendo un dos concelleiros máis novos de Galiza. É membro da Comisión Permanente de Galiza Nova onde exerce de responsable de Política Institucional.
É afaccionado á pintura e á fotografía.
Mariscadora a pé desde hai máis de 12 anos. É autónoma e tamén ten traballado como camareira.
É titulada superior na Formación Profesional nas especialidades de Administración de Empresas e Electricidade. No sector martítimo, a candidata posúe a práctica totalidade de certificacións e titulacións requeridas: patrona polivalente, patrona portuaria, pescadora e mariñeira capacitada para buques petroleiros e mariña mercante.
Pilar é independente, mais sempre estivo vencellada ao BNG desde a súa constitución, malia que diversas cuestións laborais lle impediron a militancia activa. É unha persoa moi comprometida co país e co nacionalismo galego.

Entrou en contacto co nacionalismo a finais dos anos 60. Integrouse na Frente Cultural. Formaría parte da UPG, ERGA, ANPG, BNPG e por último coa constitución do BNG, pasaría a militar nel. Traballou en asociacións de veciños/as e asociacións culturais como; O Eixo, O Galo, Xoves Culturais do Barbanza (sendo presidente). Actualmente é socio de Altofalante. Sindicalmente pertenceu á UTEG e actualmente está sindicalizado á CIG-Ensino, do que foi liberado durante dous anos. É concelleiro e traballa no I.E.S. da Pobra do Caramiñal.
Posúe unha ampla formación académica:
-Licenciado en Filosofía e Teoloxía pola Universidade de Salamanca, licenciado en Linguas Clásicas pola Universidade de Santiago (USC). Experto en Filoloxía Paleosemítica. Con Cursos pola Universidade Autónoma de Barcelona e Sorbonne V de París.
-Publicacións en revistas como “Biblica” (Roma), “Olisbos”, “A Candea”, “Esculca” e “A Nosa Terra”, ”Principia Morphologica et Syntactica Graeca” (Santiago de Compostela, 2001). Tese de doutoramento: “O tratado ‘De Alchimia’: Unha falsa atribución a Albertus Magnus Ratisbonensis. O problema da autoria nas obras alquímicas medievais”.
Actualmente está a preparar unha edición coa traducción galega do Código de Hammurabi desde o acádico directamente ao galego.
Amante da cociña.
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e é licenciada en bioloxía.
No mundo social é unha activista pola lingua, actualmente é a responsábel local do BNG, membro do Consello Nacional do BNG e a responsábel da organización xuvenil Galiza Nova na Barbanza.
Defende unha política ecoloxista de carácter transversal, considerando a conservación do medio natural como elemento clave para o desenvolvemento endóxeno.
Grupo Municipal 2011-2015:

1.Xosé Antón Vázquez Cobas: Concelleiro, voceiro municipal do BNG, licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea, artesán de cerámica, conserxe, traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira. Presidente da Asociación Cultural Altofalante. De Carreira.

2.Xosé Antón Parada Fernández: Concelleiro, profesor de latín, traballa no I.E.S. da Pobra do Caramiñal. De Castiñeiras.


Grupo Municipal 2007-2011:
1. Dominga Brión, de Ribeira, concelleira dende 1997 e voceira Municipal dende o 2002, responsábel de Acción Municipal do consello comarcal da Barbanza, profesora.

2. Xosé Luís Groveiro, de Artes, biólogo, profesor.
3. Ana Álvarez Becerra, de Ribeira, Concelleira dende o 2005, licenciada en psicoloxía, orientadora.
4. Luís Teira Parada, de Ribeira, licenciado en psicopedagoxía, pedagogo terapéutico, presidente da Asociación Cultural Altofalante, secretario da Confraría da Dorna, vicepresidente da AA.VV. de Abesadas e Cubeliños.
6. Francisco Ayaso Bretal, de Oleiros, técnico especialista de FP, fontaneiro, vicepresidente da Comunidade de Montes de Oleiros.
Grupo Municipal 2003-2007:
1. Maria Dominga Brión Sanmiguel
2. Mariano Vidal Rial
3. Marta Varela Rodríguez
4. Luís España Muñiz
Grupo Municipal 1999-2003:
1. Xosé Plácido Betanzos García.

2. Mariano Vidal Rial
3. Carlos Manuel Callón Torres
4. Luís España Muñiz
Grupo Municipal 1995-1999:
1. Xosé Plácido Betanzos García
2. Xosé Alberte Lorenzo Álvarez. Foi substituído posteriormente por María Dominga Brión Sanmiguel.
3. Santiago Páramo Aller. Foi substituído posteriormente por Manuel Fraga Rey.
Grupo Municipal 1991-1995:
1. Mariano Vidal Rial. Foi substituído posteriormente por Xosé Plácido Betanzos García.
Grupo Municipal 1987-1991:
1. Mariano Vidal Rial
Grupo Municipal 1983-1987:
1. Mariano Vidal Rial
2. Jesús Manuel Casais Pego. Foi substituído posteriormente por Áurea Santiago Andrade.





















Temos postas moitas esperanzas en vos. Agardan 4 anos de traballo, pero se o facedes ben o premio será un novo goberno para a Centenaria. Non me vai a dar pasado o tempo coas ansias de velo. Animo e moitos éxitos. 😉
Vaia plantel! Que con tan boa xente teñamos que seguir gobernados por “lucianos”, “sieiras”, “viruchas” e compañía é unha gran peniña…
Moito protestar e logo en vez de ir a votar quedamos na casa para que nos sigan gobernando os mesmos…
E que faltou tan pouco… que casi me olvido felicitarvos e desexarvos o mellor! 🙂
Vaia equipo de luxo!
Seguro que o faredes moi ben!
Ánimo!
Bueno, en vista de que nadie se digna en comentar algo sobre el nuevo grupo municipal del BNG, tendré que ser yo el primero, en primer lugar quiero felicitar a los nuevos 4 concejales y en segundo lugar ofercerles mi ayuda si en algo la precisan.
Un cordial saludo.