O goberno local reafirma o seu compromiso co atletismo ribeirense















O goberno local visitou A Fieiteira para analizar o estado de execución da obra do módulo cuberto de atletismo. A obra, cofinanciada pola Secretaría Xeral para o Deporte, ten un orzamento de 2.274.000 euros, dos cales 800,000 sufraga o Concello de Ribeira.

O pavillón albergará unha zona de adestramento cuberta cun módulo cunha pista de cinco rúas; zona de saltos e lanzamentos; espazos para ximnasio; sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; ademais de vestiarios, aseos e duchas. Ademais, acometeranse reformas en materia de accesibilidade para facilitar o acceso ao primeiro andar.

Durante a visita, membros do equipo de goberno mantiveron un encontro coa deportista olímpica Ana Peleteiro; co propósito de estudar posibles actuacións para a mellora das actividades relacionadas coa disciplina de atletismo no municipio. “Valoramos unha renovación da pista exterior, e dende o goberno local comprometémonos a estudar novas vías de financiamento co propósito de dotar ao atletismo ribeirense unhas instalacións de primeiro nivel” explicou o alcalde Luís Pérez.


















Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.