O goberno local parabeniza aos fotógrafos Lesmes polos recoñecementos acadados

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os edís Francisco Suárez-Puerta e Juan Luis Furones visitaron hoxe o estudo de Lesmes Fotografía, para parabenizar aos irmáns polos recoñecementos acadados recentemente. A empresa de fotografía ribeirese ten unha longa traxectoria que comezou no ano 1955.

Manuel Iglesias compite na prestixiosa WPC (World Photographic Cup), representando a España na categoría de fotografía de voda documental. Flora Iglesias tamén acadou este ano o Premio Nacional “Quixote” de Fotografía de Voda; e Lesmes, pola súa parte, participará nun proxecto documental a través dunha viaxe en veleiro que cruzará o Atlántico.

O alcalde Luís Pérez felicitou aos tres irmáns, que seguen a “manter a testemuña da fotografía familiar” e continuan obtendo galardóns polo seu traballo profesional. O rexedor reafirmou o seu apoio e o compromiso do goberno local para colaborar coa empresa que “está a levar Ribeira por todo o mundo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.