O Goberno do PP pon en perigo á cidadanía consentindo unha demolición ilegal

Temos que denunciar a grave irresponsabilidade do Goberno Municipal de Ribeira ao consentir a demolición dunha obra sen as debidas medidas legais de protección aos traballadores e á cidadanía e sen cumprir a normativa legal. Esta actuación non conta con proxecto de derrubo, nin coa pertinente licenza.

A preocupación da cidadanía levounos a recorrer a un laboratorio que, lamentablemente, confirmou, mediante análise, a presencia de amianto na variedade “crisotilo”.

O edificio e solar da antiga Fábrica de Castiñeiras, hoxe patrimonio público grazas á insistencia do BNG en Madrid e Ribeira, conta con materiais, como o fibrocemento, que contén amianto, material canceríxeno prohibido desde o 2002 e que debe ser manipulado por empresa autorizada e nas condicións de seguridade establecidas no Real Decreto 396/2006.

Dende o BNG de Ribeira temos demandado ao Goberno Municipal a adopción de medidas de protección deste espazo polo perigo para a poboación que representaba a súa situación de deterioro e ruína. Pese ás nosas demandas o Goberno Local fixo oídos xordos consentindo chegar á situación actual na que materiais canceríxenos como o amianto estanse dispersando ao ambiente e trasladando á poboación un risco certo.

Informe do laboratorio

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.