O goberno de Ribeira solicita a Portos que arranxe a deteriorada varanda do peirao de Corrubedo

 




O Concello de Ribeira solicitou a Portos de Galicia que acometan melloras na barandilla do muelle de Corrubedo, situación que os veciños xa levaban denunciando dende tempo atrás.

“Enviamos fotografías a Portos de Galicia para denunciar o estado da estructura e solicitar que se repare o antes posible” afirma o alcalde Luís Barral. A barandilla atópase oxidada na meirande parte e carece dun tramo no final do recheo, o que supón un gran perigo polo risco de caída. “A barandilla debe cumprir con estándares específicos para garantir que sexa o suficientemente resistente para previr accidentes. É imperativo realizar melloras para garantir a seguridade de tódolos veciños e veciñas.”





 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.