O goberno de Ribeira impídelle aos grupos municipais o acceso á información

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas de Ribeira, quere mostrar, o seu rexeitamento ante a actual falta de transparencia do equipo de goberno deste concello.


Edís Xosé Antón Parada, Luís Pérez Barral, Xosé A. Vázquez Cobas, Pilar Sampedro Laranga. BNG RibeiraA manifestación máis palpábel da opacidade coa que goberna o Partido Popular é o feito de que este grupo municipal – supoñemos que o resto dos grupos da oposición tamén – non recibe as actas da xunta de goberno local desde hai tres meses. Os últimos documentos recibidos foron a primeiros de xuño, concretamente a da XGL do día 4-06-2015.


Como é evidente, estes feitos conculcan o dereito inalienábel dos concelleiros e concelleiras a recibir información da acción de goberno, polo que esiximos o cese desta práctica escurantista e que sexa remitida, en tempo e forma, a documentación que é precisa para o noso traballo democrático de fiscalización e control das accións do goberno local do Concello de Ribeira. 


Edís Xosé Antón Parada, Luís Pérez Barral, Xosé A. Vázquez Cobas, Pilar Sampedro Laranga. BNG RibeiraLembremos que desde as últimas eleccións o goberno de Ribeira conta con só 8 dos 21 concelleiras/os da Corporación Municipal, un feito que fai aínda máis necesaria ca nunca, a necesidade contar coa transparencia a participación de todos os grupos políticos.


Dada gravidade que reviste para nós este feito queremos deixar constancia, e por iso presentamos un escrito, ante o sr. Secretario do que pedimos o seu amparo, o Alcalde, así como ante a sociedade ribeirense para que sexan coñecedores deste feito.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.