O Conservatorio Municipal de Ribeira acolle o I Seminario Frautisimamente

A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, presentou hoxe o I Seminario Frautisimamente, acompañada do director do Conservatorio, Álvaro López e a profesora de Frauta, Sabela Galbán.

A aula de frauta do Conservatorio Municipal Enrique Paisal de Ribeira aumenta así a súa oferta formativa con tres frautistas que impartirán cadanseu encontro trimestral ensinando, correxindo e animando a tódolos frautistas que desexen apuntarse.

O primeiro encontro será os vindeiros días 17 en horario de tarde e 18 día completo de novembro con Adrián Silva Magdalena, da banda de música municipal de A Coruña. Cesar Concheiro Guerrico, profesor de frauta do Conservatorio Superior de Música da Coruña, estará o 24 e 25 de febreiro, e por último en xuño, Silvia Roza Ramallal, frauta solista da orquesta da öpera de Hannover.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.