O Concello inaugura este venres a escultura que homenaxea ás víctimas do franquismo de Ribeira

O alcalde de Ribeira e a concelleira de cultura, Antía Alberte, presentaron hoxe xunto a Xoan Hermida, da asociación Memoria Histórica do Barbanza, o acto institucional que terá lugar este venres ás 20:00 para inaugurar a escultura de Soledad Penalta que se atopa no Malecón de Ribeira. A inauguración, que coincide co aniversario do fusilamento de Lustres Rivas, pretende ser un acto de homenaxe ás persoas de Ribeira represaliadas polo franquismo.

No evento participarán Xose Antonio Pérez Fernández, historiador e membro de Memoria Histórica do Barbanza, María Dolores Sanlés Sieira e Celia García Pillado, familiares de represaliados, Soledad Penalta, escultora, e Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira.

“Queremos homenaxear a tódalas persoas que sufriron represalias durante o franquismo no noso Concello e que deron a súa vida pola liberdade de polos valores democráticos” explicou o alcalde Luís Ribeira. “Dende as institucións e dende o eido local temos que colaborar para que esas persoas que deron a súa vida pola liberdade teñan un recoñecemento público”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.