O Concello de Ribeira reúnese coa Mesa pola Normalización Lingüística

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e a técnica de Normalización Lingüstica do Concello, Alicia Padín, mantiveron unha reunión con membros da Mesa pola Normalización Lingüística para a posta en común de necesidades e posibles vías de colaboración.

Ante o descenso do número de falantes do idioma galego, A Mesa está a achegar propostas para a promoción do uso do galego mediante campañas de divulgación e a visibilización do apoio institucional á normalización da lingua.

“É preciso establecer canles de colaboración entre tódalas entidades locais para a promoción do uso do galego” explicou Luís Pérez, quen tamén destacou a necesidade de “animar ao uso do galego no tecido socioeconómico do noso municipio”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.