O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal recibiron a Marta e Adrián Blanco, que acadaron recentemente medalla de ouro na Copa de Europa de patinaxe, acompañados pola entrenadora do Club de Patinaxe de Ribeira, Elena Rey.
O rexedor recoñeceu o arduo traballo de Marta e Adrián Blanco para alcanzar a cima da súa disciplina, e destacou que o seu éxito non só representa un logro persoal, senón tamén un motivo de inspiración para os mozos de Ribeira, alentándoos a perseguir os seus soños con paixón e dedicación.
Os edís parabenizaron aos deportistas e animaron a que sigan esforzándose para acadar novas medallas e títulos. “É un orgullo contar con deportistas de alto nivel no noso concello” aseverou o alcalde Luís Pérez.