O Concello de Ribeira presenta o proxecto do polígono ante a Consellería de Industria

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, mantiveron un encontro co secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, para presentarlle o proxecto do novo polígono industrial para Ribeira. No encontro valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade do solo empresarial no Barbanza.

“Esta actuación é prioritaria para o goberno ribeirense” afirmou Pérez Barral. “É preciso xerar novos postos de traballo e facilitarlle a tódalas empresas que se queiran instalar en Ribeira un espazo axeitado para desenvolver a súa actividade”.

O Concello de Ribeira, promotor do polígono industrial, está levando a cabo as expropiacións definitivas e a mediados do mes de marzo realizarase o seu pagamento. Este é o paso previo para avanzar co proxecto de urbanización e “dar un pulo a esta actuación tan importante no noso municipio e que supón un investimento próximo aos 13 millóns de euros.” explicou Pérez Barral. O Concello de Ribeira solicitará tamén a liña para o reforzo e extensión de redes de distribución eléctrica dos parques empresariais; posta en marcha pola Consellería.

Onte, na presentación do proxecto ante a Consellería de Industria, estudaronse vías de cooperación e financiamento para a actuación que abrangue máis de 158,000 metros cadrados útiles que servirán ao asentamento do tecido industrial. “Precisamos que tódalas administracións competentes na materia se impliquen, e que a Xunta de Galicia comprometa recursos para facer viable este polígono” afirmou o rexedor. “Temos o compromiso da Deputación da Coruña para mellorar a estrada de acceso que conectará o polígono coa autovía do Barbanza”.

Segundo explicou o tenente de alcalde, este equipo de goberno está dándolle un impulso importante a este proxecto estratéxico para poñelo en marcha canto antes para “evitar a fuga de empresas e promover o crecemento económico do municipio coa creación de novos postos de traballo”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.