O concello de Ribeira investiu 70000 euros para mantemento e mellora dos centros escolares

O concello de Ribeira, a través da brigada de obras municipal, levou a cabo distintas tarefas de mellora e mantemento nos centros educativos públicos de todo o municipio de cara ao inicio do curso escolar. En total investíronse arredor duns 70000 euros.

As obras están rematadas agás nos casos nos que se precisou a contratación dunha empresa externa pola complexidade da actuación e polo seu tamaño, coma foi o caso no CEP de Carreira e no CEIP Heroínas de Sálvora. “Estes traballos comézanse a finais de agosto porque os colexios fan as solicitudes entre maio e xuño, pero no verán moitos centros están ocupados polos campamentos de verán e a brigada municipal tivo ademais moitas obras que atender na época estival” explicou a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla.

Restan algunhas actuacións competencia da Xunta de Galicia, como a renovación das tuberías no colexio de Palmeira. Nestes casos solicitouse á Consellería de Educación a mellora das infraestructuras; como por exemplo no caso do CEIP de Olveira, que aínda non conta con ascensor, ou a ampliación dos ximnasios no colexio de Palmeira e no CEP de Carreira.

“Dende o Concello vamos a apoiar e trasladar á Consellería tódalas peticións que os equipos directivos dos colexios públicos nos achegan” explica a concelleira Cruz Rivadulla. Asimesmo destacou a carencia de persoal para atender ao alumnado con necesidades especiais, asunto que tamén se trasladará á Consellería de Educación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.