O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, xunto os tenente de alcalde Mariño e Suárez-Puerta, compareceron hoxe para dar explicacións sobre a sentenza que obriga a pechar a gasolineira SBC de Ribeira.
No ano 2014 o Concello de Ribeira autoriza a licenza para o negocio; posteriormente prodúcese un recurso contencioso-administrativo e en xullo de 2017 chega a sentenza que anula dita licenza, recorrida despois polo Concello. A gasolineira construíuse nunha parcela que estaba afectada por un incendio segundo informou o Servizo de Montes, polo que non se podía exercer a actividade.
Tras tentar realizar unha segunda licenza de legalización, esta é recorrida no contencioso administrativo, polo que chega ao Concello unha nova sentenza de clausura de actividade da gasolineira. No documento do Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, especifícase que a licenza outorgada ten a finalidade de eludir o cumplimento do fallo, ao cal contradice, e debe ser anulada.
As resolucións xudiciais desfavorables que recaeron de xeito sucesivo nas impugnacións dos expedientes de licenzas municipais que autorizaban a implantación da estación de servizo SBC. De feito a segunda licenza, outorgada no 2021, foi declarada nula de pleno dereito, algo do que o señor Ruiz Rivas e o Partido Popular son os responsables. “O anterior equipo de goberno empregou cartos de tódolos ribeirenses para intentar resolver unha licenza que sabían que era incorrecta” explicou o alcalde Luís Pérez, quen fixo fincapé na existencia dese informe do xefe do Servizo de Montes do 2020 que explicaba que a construción desa gasolineira tiña un trámite de incidencia ambiental desfavorable.