O Concello de Ribeira celebra o mes dos libros cunha ampla programación cultural

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, presentaron hoxe xunto a Alicia Padín, técnica de normalización linguística do Concello, a programación do mes de abril con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, o Día do Libro e o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Este mesmo xoves día 4 presentarase o libro “Comando Sintrom” de Beatriz García Turnes ás 20:00 no C.C. Lustres Rivas. Con motivo do 40 aniversario do Centro Dramático Galego, o 18 de abril, realizarase unha saída ao Salón Teatro de Santiago de Compostela grazas ao Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego, para o que será preciso inscribirse a través do correo; normalización@ribeira.gal. O 25 de abril ás 20:00 no C.C. Lustres Rivas terá lugar o relatorio: “Francisco Asorey e a creación dunha imaxe para Galicia” con Manuel  Gago.

Sábados de conto

Tódolos sábados ás 12:00 no C.C. Lustres Rivas celebraranse narracións orais para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias. O 6 de abril, “Menú máxico de contos”. Cris de Caldas; o 13 de abril, “A historia de Brancaflor”. de Fran Rei. O 20 de abril, “Os contos de William Shakespeare” de Pedras de Cartón e o 27 de abril “Obradoiro. Coñecemos a Francisco Asorey” de Electra Menéndez; un obradoiro de  escultura para nenos e nenas.

Cursos e Seminarios

O 9, 16 e 26 de abril celebrarase na Casa da Xuventude e no Museo do Gravado de Artes o Seminario IV Ciclo da USC “O gravado: teoría e praxe no museo do Gravado á Estampa Dixital”con Juan Manuel Monterroso Montero e Xoán Pastor Rodríguez.

Os días 17, 19, 22, 24 e 25 de abril e o 2 de maio no Auditorio Municipal de Ribeira terán lugar os Seminarios de Camiños de Coñecemento e Experiendia do IV Ciclo da USC.
Talleres e Concursos

Os días 8, 11, 12 e 15 de abril en horario de mañá para público escolar; e os días 5, 8, 15, 19, 22 e 29 de abril para público adulto realizarase un taller sobre o traxe tradicional galego na Sala Museo Municipal de Ribeira baixo o título “Cóntoche un traxe” de Montse Rivera.

Por último, a Biblioteca Pública Municipal de Ribeira convoca a terceira edición do Concurso escolar de deseño de marcapáxinas co obxectivo de promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado de Educación Primaria.

“Con esta ampla programación pretendemos dinamizar o ocio, a cultura e sobre todo a promoción da nosa lingua no municipio” destacou o rexedor, Luís Pérez. “A nosa acción de goberno debe ser a de promover o uso da lingua galega, así como promover hábitos de lectura para formar ás novas xeracións” concluiu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.