O BNG traballa para que o sector do mar, Concello e Xunta senten para falar sobre o futuro da lonxa de Ribeira

O deputado no Parlamento de Galiza Daniel Rodas compareceu hoxe acompañado dos concelleiros do BNG Xosé Antonio Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral así como da vice-responsable local do BNG Elvira Blanco Pérez.Xaquín Maño, Xosé Vázquez Cobas, Daniel Rodas, Elvira Blanco e Luís Pérez.Lonxa de Ribeira. BNG.


Tras finalizar o prazo para a concesión da Lonxa de Ribeira quedando baleiro, hai un debate na sociedade ribeirense de que se vai facer coa obra.
O BNG aposta por un ente xestor e o deputado Daniel Rodas, presentará unha iniciativa no Parlamento galego.


Esta é unha obra importantísima para Ribeira e o conxunto do país, onde Portos de Galiza leva investidos 15 millóns de euros deixando outras obras sen levar a cabo. Isto escenifica o modelo clientelar do Partido Popular, sacando fondos dun lado para metelos noutro por intereses partidistas cando falla o máis elemental, que é que ninguén quere facerse cargo desta moderna lonxa.Lonxa de Ribeira. BNG. Imaxe Lesmes


Ante este disparate, desde o BNG queremos poñer sentido común traballando no Concello e no Parlamento de Galiza, propoñemos que Concello de Ribeira, Xunta de Galiza e sector do mar senten a falar para chegar a un acordo sobre a xestión desta lonxa, para que entre todos facer unha xestión transparente, moderna.


O BNG aposta por que o propio sector sexa quen leve a xestión desta instalación podendo contar con participación da Xunta e do Concello. Isto non é raro en Galiza xa que outros portos con menor capacidade de capturas que o ribeirense teñen dado mostras de que o propio sector fai unha xestión brillante exercendo de verdadeiro protagonista. Fagamos ese exercicio de reflexión e compromiso dándolle unha solución aos traballadores/as deste porto.


O sector non se interesa porque o modelo que impón o PP obriga ao sector a facer unha actividade irregular, e polo tanto é reaccionario a meterse nun lío tremendo, mais isto debe mudar. Queremos que se poñan as cartas en riba da mesa para ver a realidade da comercialización da pesca de baixura e de litoral, porque isto vai mudar e condicionar o modelo comercial de Galiza e da Barbanza para os próximos 25 anos. Deixemos de enganar e de pór parches para, dunha vez por todas, consolidar un proxecto para a pesca e para o Concello de Ribeira que depende amplamente desta actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.