O BNG solicita un paso seguro en Oleiros para a senda fluvial do río Artes

O paseo do río Artes discorre por un longo treito entre as parroquias de Artes e Oleiros, nesta última parroquia no lugar da Gándara o paseo interrómpese pola estrada AC-550. Neste punto non existen beirarrúas nin paso de peóns habilitado para atravesar a estrada que ten un elevado tránsito de vehículos a unha limitación de velocidade considerábel (70km/h). Se os e as camiñantes que van polo paseo dirección Oleiros desexan atravesar a estrada atópanse que deben discorrer por ela uns cantos metros en dirección Ribeira para poder salvar a varanda de protección.O BNG solicita un paso seguro en Oleiros para a senda fluvial do río Artes


O paso fluvial neste punto tamén carece de sinais adecuados cos que informar ás persoas camiñantes por onde deben continuar o seu camiño ben sexa dirección Artes, ben sexa dirección Oleiros.
O BNG cre imprescindíbel dotar de beirarrúas neste treito ante o perigo que presenta para os peóns camiñar por unha estrada na que se pode circular a unha elevada velocidade.


Por todo isto, o edil Luís Pérez en nome do BNG, solicitará:


1. Que o Concello de Ribeira inicie as xestións oportunas ante a Xunta de Galiza, propietaria da estrada, para dotar dun paso de peóns ou dun paso elevado/soterrado o paso fluvial do río Artes ao seu paso por Oleiros, no lugar da Gándara.
2. Instalar algúns sinais indicativos do percorrido do paseo fluvial do río Artes na mesma zona.
3. Instar á Xunta de Galiza a que dote duns cantos metros de beirarrúa a marxe esquerda da estrada AC-550 no lugar da Gándara, en Oleiros para poder salvar a varanda de protección.


Vídeo: O BNG solicita un paso seguro en Oleiros para a senda fluvial do río Artes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.