O BNG solicita repoñer os letreiros esnaquizados e plantar árbores autóctonas no río Artes

A senda fluvial do río Artes foi realizada cos fondos europeos dentro do proxecto “Ribeira Atlántica” cuxas actuacións tiveron un investimento de 595.000€. Ao longo dos seus oito quilómetros de percorrido contén uns paneis informativos sobre os usos agrarios que había antigamente na zona parroquia, das características que presenta o bosque de ribeira ou mesmo información etnográfica sobre os usos e funcionamento dos muíños.

Despois de cinco anos, algúns destes paneis precisarían ser renovados para que os datos poidan ser lexíbeis. Ademais de ditos paneis informativos, existen uns cantos letreiros que marcan as diferentes distancias do percorrido que están esnaquizados por diferentes actos vandálicos e algunha mesmo presenta impacto de bala. Cuestión que merece a nosa repulsa pois entendemos que disparar armas de fogo nun espazo de tránsito de persoas implica un perigo e unha temeridade.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, considera que o Concello de Ribeira debería repoñer a sinalización danada e renovar os paneis nos que a información non se poida ler de maneira clara e precisa. Por outra banda, Pérez Barral lembra como en 2015 propuxéronlle ao goberno local plantar árbores autóctonas no merendeiro que hai no inicio do paseo do Río Artes, “a iniciativa que non foi atendida e que voltamos a reiterar ante a demanda da veciñanza de dispoñer dun espazo á sombra no que poder estar nos días de sol e calor” asegura o edil.

Por último desde o Bloque recollemos a demanda veciñal de conservar o patrimonio lingüístico e cultural da zona polo que apostan por instalar un panel coa peculiaridade que tivo este río ao que se lle denominou popularmente con tres nomes diferentes –río Artes, Arlés ou Sanchanás-.

O BNG solicitará ao Concello de Ribeira:

- Renovar os paneis informativos e sinais indicativos que estean deteriorados na senda fluvial do río Artes. – Plantar árbores autóctonas na zona verde que hai no aparcadoiro , a carón do lavadoiro de Artes.
- Recoller nun panel informativo a peculiaridade que tivo o río durante moitos anos no que recolla os diferentes nomes que se lle deu ao río – Río Arlés, río Sanchanás e Río Artes-.              

Un comentario en «O BNG solicita repoñer os letreiros esnaquizados e plantar árbores autóctonas no río Artes»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.