O BNG solicita que se limpe a Fonte das Cruces en Artes

Pérez Barral: o goberno está descoidando cousas tan básicas como o mantemento de fontes, parques e paseos

Na parroquia de Artes, moi preto do Centro Recreativo e Cultural, está situada o lugar da Fonte das Cruces. Como ben indica o seu nome, existe unha fonte cuxo contorno adoece dunha actuación integral que mellore a imaxe, o mantemento e a limpeza deste equipamento que sempre lle deu servizo aos veciños e veciñas da parroquia.

O contorno acumula toda clase de lixo (latas, plásticos, envoltorios, etc.) polo que cómpre realizar unha limpeza integral pero tamén precisa unha roza da vexetación que medra por todos os lugares provocando unha mala imaxe. É necesario, tamén, proceder a restaurar a placa co nome do lugar que foi esnaquizada hai anos por mor dos actos vandálicos.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, lamenta que o goberno local descoide tanto cuestións tan básicas como é o mantemento e a limpeza dos equipamentos públicos e do mobiliario urbano. Pérez Barral asegura estivo falando coa veciñanza da zona e considera que as parroquias, en xeral, teñen moitas carencias que o Partido Popular ignora constantemente. “Estamos ante un goberno que descoida á xente do rural e aínda por riba se permite o luxo de votar en contra de propostas do BNG para aumentar as partidas de mantemento” asegura Barral.

Denunciamos que, na parte posterior da fonte, pódense atopar xiringas e anacos de papel de aluminio que poñen en evidencia que o lugar pode estar a se converter nun punto de consumo de drogas. Conviría darlle indicacións á Policía Local e coordinarse coa Policía Nacional, para que ambos os dous corpos de seguridade aumenten a súa vixilancia. A presenza dos axentes de seguro, contribuirá a evitar que este espazo consumo de drogas no lugar. ”Desde o BNG fixemos propostas para tratar de contratar máis policías locais que atallen a inseguridade crecente que hai no municipio pero o goberno local e o Partido Socialista prefiren gastar cartos en cuestións non prioritarias como crear o cuarto museo do mar da comarca”.

Por último, o BNG vai seguir reclamándolle ao goberno ribeirense que aumente o mantemento dos equipamentos públicos como fontes, parques infantís, paseos e beirarrúas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.