O BNG solicita o arranxo do firme no lugar de Deán Pequeno

Desde o BNG ribeirense rexistramos unha iniciativa para que o Concello de Ribeira faga melloras no firme da estrada e empedrado que hai no lugar de Deán Pequeno polo mal estado no que se atopa a día de hoxe.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, explicou que “a realización das obras de renovación das beirarrúas na avenida de Ferrol provocou que moitos vehículos que antes non pasaban polo lugar de Deán Pequeno se desprazasen por el provocando danos no firme”. Segundo Pérez Barral o espazo empedrado que hai uns metros máis arriba do cruceiro de capela que ten o lugar de Deán Pequeno, “o firme deteriorouse e abriu unhas fochancas dun tamaño considerábel que poden supoñer un risco para a seguridade viaria e para os peóns que por alí pasan”.

Asemade, na mesma estrada, uns metros máis arriba existe unha tapa de sumidoiro que se atopa varios centímetros por debaixo do nivel da estrada o que obriga a moitos vehículos que soben a deterse e manobrar para poder esquivar este desnivel.

Ante esta circunstancia reclamámoslle ao Concello de Ribeira que realice as melloras oportunas no firme da estrada de Deán Pequeno que permitan circular sen riscos para a seguridade viaria.

Pérez Barral recriminou que isto é unha mostra máis do pouco mantemento que teñen as estradas do municipio e o desleixo do goberno local para ter en boas condicións o seu firme, o que provoca inseguranza viaria e molestias para condutores e veciños.

Un comentario en «O BNG solicita o arranxo do firme no lugar de Deán Pequeno»

Responder a José Maria Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.