O BNG solicita o arranxo de deficiencias viarias en Aguiño, nas Carolinas e Ribeira

Desde o Bloque Nacionalista Galego estamos levamos uns cantos meses facendo un traballo de detección de eivas en materia de seguridade viaria que se localizan en diversos puntos do noso municipio. A seguir expoño algunhas das actuacións que se deberían levar a cabo co fin de mellorar a seguridade de peóns e condutoras/es:


1. Na rotonda que se localiza diante da estación de autobuses de Ribeira conflúen diversas estradas, entre elas, a Avenida do Malecón e a DP-7307 (Ribeira-Aguiño) que rexistran unha densidade de tráfico considerábel. O BNG propón mellorar a sinalización horizontal da rotonda. BNG RibeiraAo anterior súmaselle o continuo fluxo de autocares que xera a propia estación de autobuses e o tráfico que se dirixe á gasolineira. Todos estes factores fan que centos de vehículos atravesen esa rotonda diariamente. Desde hai tempo a sinalización horizontal está borrada ou en malas condicións polo que solicitamos que se pinten todos os accesos á rotonda e a propia glorieta, ademais de subir unha tapa de sumidoiro que está a diferente nivel da estrada Romero Ortiz.


2. Nas Carolinas está sinalado un paso de peóns que lle precede á rotonda onde conflúe a Avenida da Coruña co do Paseo das Carolinas. Dito paso está localizado nunha curva que dificulta a visibilidade das e dos condutores que proveñen de Ribeira, a isto súmaselle o sebe que hai na mediana da estrada, elemento que fai imposíbel ver aos peóns que atravesan a estrada coa suficiente anterioridade para evitar atropelos. Desde o BNG somos coñecedoras/es de que neste punto localízanse “sustos” polo que demandamos que se eliminen uns metros de sebe, facilitando así a visión das dos condutores e condutoras. Fagámolo antes de que haxa que lamentar un atropelo.O BNG solicita un sinal de stop no cruce da rúa Castelao coa rúa Listres de Aguiño. BNG Ribeira


3. Finalmente instamos a que se repoña un sinal de stop que debería haber na rúa Castelao á altura do cruzamento que se produce entre esta rúa e a Listres para que as persoas que van nos vehículos perciban con suficiente claridade que deben facer unha detención.


Desde o BNG entendemos que este tipo de carencias que supoñen risco para a circulación e riscos innecesarios para peóns polo que a administración local debe corrixilas cunha sinxela e pronta actuación. Agradecemos á veciñanza as súas achegas para a realización desta proposta.


Por todo o anterior, o edil Luís Pérez Barral solicitará en nome do BNG e da veciñanza:


Que se realicen as accións detalladas anteriormente á maior brevidade posíbel co fin de evitar riscos innecesarios e non agardar a lamentar algún sinistro.

2 comentarios en «O BNG solicita o arranxo de deficiencias viarias en Aguiño, nas Carolinas e Ribeira»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.