O BNG solicita a limpeza de camiños en Artes

O BNG de Ribeira, por medio do concelleiro Xosé Luís Groveiro, ven de solicitar a limpeza de varios camiños da parroquia da Artes.

Trátase de dous camiños que saen da pista que une a Igrexa co Castro e que van dar ao lugar de Teixoeira. Estes dous camiños dan servizo a numerosas fincas de labor ás non se pode acceder por atoparse absolutamente intransitables ao estar cubertas pola broza.

O feito que a actividade agrícola teña diminuído nos últimos tempos non xustifica o abandono da responsabilidade do Concello no mantemento destes que son camiños públicos e que, ademais de facilitar a comunicación na parroquia e o acceso ás propiedades do vecindario, contribúen, de estar limpos, a unha mellor defensa contra o lume.

A pesares de que se demandou reiteradamente (hai máis dun ano) por parte de propietarios de fincas ás que se accede por estes camiños a limpeza dos mesmos, ate o momento o Goberno do PP non accedeu ás súas xustas demandas.

Máis información:
2007-09-10limpezacaminosartes.DOC

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.