O BNG solicita a colocación da placa da «Praza da Dorna»

Os concelleiros Luís Pérez e Xosé Vázquez Cobas solicitan que se poña a placa da Praza da DornaNo pleno do 31 de maio do ano 2010 aprobouse por unanimidade, entre outras cousas, novos nomes de rúas e prazas que non o tiñan como: praza 8 de marzo, praza do Caramecheiro, praza de Padín, praza de Pablo Neruda, praza de España, praza Uxío Novoneyra e praza da Dorna (zona do recheo portuario). Van alá seis anos e aínda hoxe é o día que a praza da Dorna segue sen ter a placa co seu nome. O BNG quere que a localización da placa se faga co consenso da Confraría da Dorna, para escoller o mellor emprazamento co que realzar esta festa.


É por iso que, o grupo municipal do BNG de Ribeira SOLICITA:


1º- Que se cumpra o acordo plenario de colocar a placa na praza da Dorna.
2º-Que se faga sobre un soporte estábel de pedra, ou outro material que se considere adecuado, facendo todo o posíbel para ser inaugurada na vindeira Festa da Dorna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.