O BNG solicita a adecuación do lavadoiro de Gude, na parroquia de Artes

Pérez Barral bota en falta maior mantemento nos ben patrimoniais e nos equipamentos públicos

A parroquia de Artes conta co lavadoiro máis grande do concello de Ribeira e posiblemente cun dos máis grandes do país, ese lavadoiro é o do río Artes sito no lugar da Ponte. Porén, na mesma parroquia, no lugar de Gude, na Curva do Río, existe un lavadoiro que dista moito de estar nunhas boas condicións de mantemento.

A contorna de dito lavadoiro presenta unha vexetación que crece sen control e que sería necesario rozar para manter o lugar nunhas condicións axeitadas de accesibilidade. Arredor do lavadoiro pode atoparse toda clase de lixo como latas, plásticos, envoltorios, etc. polo que habería que realizar limpezas de maneira periódica que eviten a proliferación de residuos neste espazo público. En canto á cuberta, parte da estrutura xa comeza a cubrirse cunha hedra e as columnas teñen pintadas. Retirar a hedra e pintar toda a estrutura melloraría a imaxe e o estado deste ben patrimonial.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, rexistrou unha iniciativa no Concello tras falar con veciños e veciñas da zona que piden adecuar o lavadoiro e a súa contorna. Pérez Barral considera que o mantemento dos espazos públicos, dos equipamentos públicos como parques e paseos así como dos bens patrimoniais “brilla pola súa asuencia”. O desleixo do goberno local por manter en boas condicións este, e outros elemento patrimoniais, é evidente e chega con botar unha ollada para ver o seu mal estado de conservación. Desde o BNG consideramos que a situación de descoido en moitos lugares e espazos públicos do concello resolveríanse cunha adecuada planificación. “O goberno local debería desenvolver un calendario de actuacións que inclúa rozas, limpezas e tarefas de mantemento e reparación que permitan garantir que espazos públicos como este están nun perfecto estado de condicións” argumentou Barral.

Por todo iso, o BNG vai solicitarlle ao goberno local que roce a vexetación, limpe a contorna de lixo, se pinte toda a estrutura da cuberta e se instalen paneis informativos con datos relevantes e coa historia do lavadoiro.

Un comentario en «O BNG solicita a adecuación do lavadoiro de Gude, na parroquia de Artes»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.