O BNG ribeirense solicita máis socorristas nas praias e lamenta a falta de previsión do goberno local

O Concello de Ribeira conta cun grande número de areais que este ano non conta con servizo de socorrismo, cuestión que lle preocupa aos nacionalistas de Ribeira. Para o concelleiro Luís Pérez Barral, “non é postivo que o goberno municipal presuma da grande cantidade e extensión dos seus areais cando non organiza un dispositivo de socorrismo axeitado”. Segundo Pérez Barral, a falta de persoal provoca que haxa areais que ante calquera situación de risco deben agardar á intervención de Salvamento Marítimo, Cruz Vermella, GAEM ou a que unha embarcación particular próxima poida rescatar a persoa ou persoas que poidan estar en perigo no mar.


A falta de planificación e previsión do goberno presidido por Manuel Ruiz fai que só se poidan vixiar tres areais; O Vilar, A Ladeira e Coroso. O goberno local, malia saber que podería haber poucos profesionais, non fixo nada para tentar cubrir o maior número de areais con persoal de socorrismo.


Lamentamos que, malia contar con só 23 persoas, o goberno local decide poñer case o 35% dos efectivos na praia de Coroso que se caracteriza por ser un areal tranquilo no que as intervencións realizadas adoitan ser de pouco risco para as persoas mentres deixa desatendidos areais como Castro-Catía, Castiñeiras, Ameixida, O Touro, Riazor, A Corna e outras moitas que non teñen persoal que poida actuar en caso de emerxencia. Pérez Barral argumenta que “carece de toda lóxica poñer moitos socorristas en Coroso só para ter a bandeira azul, mentres fican desprotexidos areais con moita afluencia de persoas”.


Por todos estes motivos, o Bloque rexistrou unha iniciativa na que lle demanda ao goberno local que actúe para evitar a falta de persoal de cara o vindeiro ano e que se mellore a distribución dos socorristas dándolle prioridade aos areais de maior perigosidade e aos de maior afluencia de persoas.
Desde o BNG queremos recoñecer o bo traballo do persoal que traballa e se esforza para salvagardar a seguridade no noso litoral cuxo esforzo e profesionalidade fan moito máis seguros os momentos de ocio e esparexemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.