O BNG ribeirense solicita a limpeza e reivisión da rede de sumidoiros

Tralo período estival e coa chegada do outono comezan a aparecer novamente as chuvias, polo que a rede de sumidoiros debería atoparse en perfectas condicións para poder absorver a auga das precipitacións, mais isto non é así en moitos puntos do noso municipio.luis-perez-barral-rotonda-carolinas-2


Desde o BNG temos constancia de que existen puntos onde a rede de sumidoiros está completamente atoada e impide a recollida das augas o que provoca escorrentías nuns puntos e podería haber risco de asolagamentos noutros.


Para poñer un exemplo concreto, a rede de sumidoiros da marxe esquerda da rúa da Amarella está completamente obstruída desde hai ben tempo sen que ninguén lle dea solución. Esta situación provocará que cando chova, haxa escorrentías pola estrada cara outras rúas o que provoca tamén un risco para a circulación de vehículos que se ven cunha gran cantidade de auga no firme.


Desde o BNG cremos que é necesario facer unha revisión de toda a rede para evitar que se produzan asolagamentos e escorrentías no inverno facendo limpezas naqueles puntos onde haxa obstrucións. En palabras do concelleiro Luís Pérez “débese revisar e limpar a rede agora para cando cheguen as chuvias, logo non vale lamentarse“.


Por todo iso, o BNG solicitará:


Que se proceda á revisión da rede de sumidoiros e a súa limpeza naqueles puntos onde fixer falla, concretamente na rúa da Amarella.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.