O BNG ribeirense apoia a concentración da hostalaría e pide medidas de apoio para o sector

O BNG ribeirense amosa o seu apoio á concentración que a hostalaría vai realizar en Ribeira o venres 15 ás 18:30h e avanza que traballará para que o sector poida ter dispoñíbeis diferentes liñas de axuda a nivel galego e local.

Neste sentido, desde a formación nacionalista demandamos un plan de rescate integral coa suficiente dotación orzamentaria “que debe estar operativo canto porque son moitos os pequenos e medianos establecementos ao límite, que necesitan un salvavidas inmediato antes de verse abocados ao peche definitivo”, salienta o voceiro municipal, Xosé Vázquez Cobas.

Vázquez Cobas lembrou como na crise de 2008 se destinaron só en Galiza, 9.000 millóns de euros para rescatar a banca, polo que argumentou “se a banca foi rescatada, débese rescatar ao sector turístico e da hostalaría que enchen de emprego e de actividade económica as novas vilas”.

Plan de rescate e apoio

No inmediato, o BNG demanda axudas directas para paliar as consecuencias do que cualifican como “feche encuberto” pois a Xunta non lles deixa traballar en interior mais tampouco pon as axudas necesarias para que o sector poida sobrevivir, “en Galiza case ningún hostaleiro pode vivir só da terraza” alegou Cobas. “A situación implica cero ingresos na maior parte dos casos, pero as facturas non están confinadas e seguen chegando puntualmente”, salientou, “o que non pode facer un Goberno responsable que ten a obriga de anticiparse é cortar de raíz a actividade dun sector esencial sen poñer sobre a mesa as axudas necesarias”, recriminou.

Por iso, e en liña coas peticións do sector, o Bloque demanda da Xunta 30 millóns de euros en axudas directas para poder compensar cando menos o 50% das perdas e o establecemento de liñas adicionais de axuda por parte do Concello de Ribeira. O BNG tamén propón ampliar o prazo dos pagos fraccionados do imposto de sociedades e un IVE reducido do 4% para o sector da hostalería e do turismo.

Foto de capa: Chechu Río Diario de Arousa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.