O BNG recolle propostas de traballo para Castiñeiras

O BNG prosegue coa campaña de participación veciñal Parroquias con Voz, onde o grupo municipal nacionalista visita as parroquias para escoitar e recoller as demandas da veciñanza. Estas demandas serán trasladadas ao Concello de Ribeira para que sexan incorporadas ao Orzamento de 2017. Deste xeito a veciñanza vai poder condicionar parte dese Orzamento e protagonista na toma de decisións políticas. Esta semana os o BNG estivo na parroquia de Castiñeiras.


3ª asemblea, Castiñeiras


O tema central da xuntanza realizada na casa da cultura de Castiñeiras, foi o problema cos cheiros producidos polas tubaxes e tanque de tormenta da Estación de Depuración de Augas Resiudais (EDAR). Desde o BNG explicouse o traballo que estivo realizando; presentamos alegacións ao proxecto de depuración de augas, reunímonos con persoal técnico para coñecer os motivos que ocasionaban os cheiros, presentamos alegacións á ordenanza de verteduras (sendo a única formación política que fixo), mostramos o noso apoio ás accións da plataforma de afectados/as pola EDAR, sacamos o tema en innumerábeis xuntanzas co goberno local para que se procura unha solución axeitada, solicitamos visitar a EDAR, etc.
O BNG traballou e seguirá a traballar para que a EDAR funcione correctamente, pois a pesar de que o noso modelo era outro. O modelo do BNG era construír unha depuradadora específica para resíduos industriais e outra para resíudos urbanos, un modelo descentralizado para evitar longos traxectos, bombeos e minimizar problemas. No Bloque queremos que as augas residuais se depuren e sen ocasionar problemas á veciñanza.
Outros problemas que se recolleron foron problemas de humidades e deficiente acceso ao centro social da parroquia, falta de zonas verdes e áreas infantís, falta de mantemento de mobiliario urbano e medidas que melloren a seguridade viaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.