O BNG recolle as demandas do club de xubilados de Palmeira

A reunión foi produtiva e houbo boa sintonía


A directiva do colectivo de xubilados/as de Palmeira mantivo unha xuntanza coa deputada responsábel de Benestar Social da Deputación Ánxela Franco e cos concelleiros do BNG Xosé Vázquez Cobas e Pilar Sampedro.


A reunión mantida na parroquia de Palmeira serviu para presentarlle á formación nacionalista e á deputada de Benestar Social da Deputación da Coruña a composición da nova directiva con Antonio Muñiz elixido presidente recementemente. Por outra banda, desde a direcctiva trasladóuselle ao Bloque varias demandas en materia de financiamento, infraestruturas e equipamentos.


Comentaron a necesidade de que o goberno central acometa melloras no edificio do ISM que alberga importantes servizos públicos, neste sentido desde o BNG confirmaron que levarán o asunto a diferentes institucións para que esta demanda sexa escoitada. Para Vázquez Cobas, “non é lóxico que un edificio público teña problema de humidades, illamento ou iluminación e non se procure unha solución”.


Apoio da Deputación da Coruña para as actividades


No tocante á Deputación da Coruña, a deputada Ánxela Franco fixo un repaso para lles informar de todas as liñas de subvencións e axudas que teñen dispoñíbeis para a realización de actividades ou para a adquisición de equipamentos. Do mesmo xeito informou que nos últimos anos a Deputación apostou de maneira decidida, pola cultura xerando riqueza e actividades en toda a provincia cun importante investimento que chega aos 4.175.000 euros. Neste sentido, o club informoulle aos nacionalistas que estaban estudando a posibilidade de relanzar os festexos en conmemoración á virxe do Carme, organización de actividades e saídas de ocio para a veciñanza de Palmeira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.